Nota de prensa
A CORPORACIÓN MUNICIPAL ACORDARÁ ESTA TARDE PEDIRLLE Á SEGURIDADE SOCIAL QUE DESISTA NA SÚA PETICIÓN DE SOLICITAR A NULIDADE DA REPARCELACIÓN DO HOSPITAL DE BURELA
* Esta proposta vén motivada pola actitude “desleal” amosada polo departamento dependente do Ministerio de Trabajo do Goberno Estatal en torno a este tema
* A corporación tamén aprobará a Conta Xeral do 2009, cuxos datos indican que o Concello está a cumprir co principio de estabilidade presupostaria
Cervo, 4 de xaneiro de 2010.- A corporación municipal cervense celebrará esta tarde (a partires das 20:30 horas) unha sesión plenaria na que se abordará entre outros asuntos unha proposta da alcaldía solicitando un acordo plenario para dirixirse á Tesourería Xeral da Seguridade Social no que se lle pide que desista da súa petición de solicitarlle ao Concello a nulidade do proxecto de reparcelación da Unidade de Actuación feita no ano 1991 no contorno do Hospital da Costa de Burela.
Segundo indicou o alcalde, Alfonso Villares, esta proposta vén motivada pola actitude “desleal” amosada polo departamento dependente do Ministerio de Trabajo do Goberno Estatal en torno a este tema. “Xa o dixemos hai uns días, pero non está de máis lembrar que seguimos sen entender cales son os motivos polos cales o Goberno do Estado se empeña en recorrer diante de nós e de xeito totalmente extemporáneo unha decisión que se tomou hai 20 anos cando daquela Burela pertencía a este municipio e cando este Concello estaba gobernado por políticos socialistas” indicou o alcalde ao tempo que aseguraba que a única razón que atopa para este comportamento hostil non é outra que a da persecución política por parte dos responsables que dirixen este organismo estatal.
O texto da solicitude proposta pola alcaldía recolle que a reivindicación da Tesourería Xeral da Seguridade Social fora xa desestimada polo Concello Consultivo de Galicia e fai fincapé nos prexuízos económicos que pode provocar a reversión da devandita actuación, “sobre todo se temos en conta que transcorreron ao redor de 20 anos e que neste período de tempo se teñen consolidado sobre os terreos resultantes da reparcelación diversas situacións patrimoniais, algunhas delas ratificadas por sentencias xudiciais firmes e incluíndo persoas que teñen a condición de terceiros hipotecarios”. Así mesmo, no escrito tamén se lle solicita á Tesourería Xeral da Seguridade Social o reintegro dos gastos xurídicos derivados deste conflito entre ámbalas dúas administracións.
Alfonso Villares amosouse confiado en que este acordo poda saír adiante por unanimidade, “porque o que non é de recibo é que desde o Estado intenten agora que o Concello de Cervo cambie un acordo de hai 20 anos do que non se decataron durante 16 anos; e que aínda por riba, ten que ver cun territorio que xa non pertence ao noso ámbito territorial e polo tanto, non temos ningunha capacidade de decisión sobre el”.
Conta Xeral
Outro dos puntos que abordará o pleno da corporación na tarde de hoxe será a aprobación da Conta Xeral do exercicio 2009. Neste particular Villares amosouse satisfeito polos resultados acadados na administración da economía municipal que reflicte esta Conta Xeral. “En vista dos datos vemos que a situación económico-financeira do Concello foi mellorando grazas ao Plan de Saneamento posto en marcha nese ano 2009” indicou. Lembrou que o devandito plan ten por obxecto aumentar os dereitos pendentes de cobro e reducir as obrigas pendentes de pago. Isto supuxo que o remanente de tesourería para gastos xerais no 2009 tivese unha baixada con respecto ao ano anterior (2008) de 1.400.000 euros, “se ben segue a ser negativo en 247.223,06 “ recoñeceu o rexedor.
Dende o grupo de Goberno municipal entenden que os datos da Conta Xeral do 2009 indican a evolución satisfactoria do municipio en materia económica “é a proba disto é que temos conseguido cumprir o principio de estabilidade presupostaria”dixo Villares. “A pesares da crise, que xa era evidente no 2009 aínda que algún grupo municipal da oposición a negase, o Concello de Cervo presentou unha capacidade de financiación de máis de medio millón de euros. O que significa que en 2009 os ingresos superaron a los gastos, e supón unha garantía da nosa capacidade de financiamento municipal” destacou o rexedor. “De calquera xeito, este Equipo de Goberno segue comprometido na execución do seu plan de austeridade e recorte do gasto superfluo e así o estamos demostrando”.





















Nesta edición interpretará obras de Haydn e Chopin, ademais de presentar composicións propias nun programa íntimo e especial que xa se converteu nun encontro imprescindible cada ano. Ao rematar, ofrecerase un brinde e aperitivo para todos os asistentes. As entradas están á venda e pódense reservar no teléfono 644 69 42 80.
As actividades desenvólvense durante esta fin de semana na capela e a área recreativa do alto da Grela, que acollen os actos litúrxicos e a romaría respectivamente, con animación musical, verbena e un espectáculo infantil entre outras propostas.
Os Bombeiros de Vilalba excarceraron ao condutor ferido que quedou atrapado no interior do vehículo. O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 16:20 horas desta tarde. Un particular informaba a esa hora dun coche envorcado na LU-P 6501, quilómetro 40 en Rioaveso, ao seu paso por Cospeito (Lugo). Indicaba que no interior do vehículo había unha persoa ferida, consciente pero que non podía saír. Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil de Tráfico e ao persoal de mantemento da vía.Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración do ferido para posteriormente ser trasladado polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Trátasde dun grupo coñecido pola súa posta en escena humorística e teatral, que combina música tradicional con estética de taberna e espírito festivo. O evento celebrarase o 22 de maio ás 23:00 horas na Rúa do Cobo nº 18, cun prezo de entrada de 5 euros. As persoas asistentes están convidadas a traer instrumentos para sumarse á foliada. A actividade conta con presenza en Facebook, Instagram e TikTok, onde se pode seguir a programación e novidades do espazo.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



