Nota de prensa
ALUMNOS DE 4º DE ESO DO IES MONTE CASTELO ELABORARON MARCAPÁXINAS NUN TALLER DE RECICLAXE DE PAPEL ORGANIZADO POR GAIA.
Burela, 1 de febreiro de 2011. Dezaséis rapaces de 4º de ESO do IES Monte Castelo participaron onte nun taller de reciclaxe de papel coas monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia do Concello. Segundo explican elas mesmas “os alumnos aprenderon a técnica de reciclaxe de papel usando periódicos usados para posteriormente elaborar marcapáxinas e decoralos con grabados. A actividade do reciclaxe de papel elaborado de forma caseira consiste en cortar papel, botarlle auga quente, batelo, engadirlle cola e decoralo con follas secas ou tintes de cores; unha vez seco pódenselle facer grabados e usalo para elaborar marcapáxinas, axendas, etc”. Desde Gaia lembran que “a historia do papel desde os nosos tempos mais remotos, pasando polo papiro e o pergamino así como as clases e os usos do papel foron algunha das peculiaridades que coñeceron”.
As monitoras de Gaia seguen polas tardes as súas actividades extraescolares nos dous centros de ensino, CEIP Virxe do Carme e CEIP Vista Alegre, onde os mais pequenos usando todo tipo de residuos coma botellas, envases de plástico, cartóns, etc, elaboran os seus propios xoguetes, realizan talleres de barro, aprenden a importancia de respectar a natureza e conservar o medio ambiente que nos rodea a través de xogos de preguntas relacionadas co medio ambiente como son: Pegadas Verdes, Mundo Limpo e Pasapalabra Medioambiental.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.