Nota de prensa:
A Deputación acolle a 1ª xornada de demografía da provincia coa presenza dos mellores expertos de Galicia
– “Lugo Reacciona. Debate con Propostas de futuro fronte ó despoboamento demográfico” ,, que dará comezo as 17:00 horas no Pazo de San Marcos, será inaugurada polo Secretaria Xeral da FEMP
– O organismo provincial traballou durante meses na organización do encontro do que se extraerán propostas de futuro concretar para contribuír a frear o despoboamento demográfico que atravesa a provincia
A Secretaria Xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Isaura Leal, acompañada do Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, do Alcalde de Lugo, José López Orozco, e do Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, inaugurará mañá venres a xornada “Lugo Reacciona. Debate con Propostas de futuro fronte ó despoboamento demográfico”, que se celebrará no Pazo de San Marcos e que contará cos mellores especialistas de Galicia nesta materia. Dende hai varios meses, o organismo provincial estivo traballando na organización do encontro, que é o primeiro destas características que se celebra na provincia, e do que se extraerán propostas de futuro concretas e con continuidade no tempo para contribuír a frear o despoboamento demográfico, buscando solucións situación que atravesa Galicia e a provincia en particular.
A xornada, de entrada libre, dará comezo ás 17:00 horas. Logo da inauguración constituirase a mesa-debate formada polos mellores especialistas en demografía de Galicia. Neste senso, ademais da Secretaria Xeral da FEMP, daranse cita nas dependencias provinciais, Melchor Fernández, Director do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA); Andrés Precedo Ledo, profesor especialista en Xeografía Humana, ex-director e Secretario Xeral da Xunta de Galicia; José Manuel Colmenero Álvarez, especialista de Estatísticas e Investigación Operativa e delegado provincial do INE en Lugo; e de Francisco Sineiro García, un dos profesores con maior prestixio en Galicia de Economía Agraria e ex Conselleiro de Agricultura da Xunta con González Laxe. As conclusións para a súa posterior elaboración correrán a cargo do profesor e doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía, Vicente González.
O encontro estará moderado polo que foi Director de Sondaxe durante 20 anos e Profesor de Socioloxía, Gabriel Vázquez. A clausura correrá a cargo do Presidente da FEGAMP, Carlos Fernández, e do Presidente do organismo provincial.




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



