Nota de prensa
A Deputación arranca hoxe a extensión da banda longa na provincia
– 50 consistorios e a Deputación contarán a mediados de abril con esta dotación tecnolóxica, que será decisiva para a implantación total e eficiente da Administración Electrónica, disparando a velocidade de conexión a Internet
– Gómez Besteiro deu conta hoxe en Triacastela do calendario de execución das obras, dotadas con 1 millón de euros e enmarcadas no plan Innova-TE
– O Presidente reclama á Xunta que axilice os seus plans de extensión de banda longa para non frear os avances realizados na e-Administración
O plan de extensión da banda longa impulsado pola Deputación de Lugo arrancou este mércores e estará listo dentro dun mes, a mediados de abril, co que 50 casas consistoriais da provincia, as adheridas ó programa Innova-TE, e o propio organismo provincial contarán con esta dotación tecnolóxica, que disparará a velocidade de conexión a Internet, ó garantirlles entre 2 e 10 megas ós consistorios e ata 100 á sede da Deputación e ós seus organismos dependentes. O proxecto, cun presuposto de 1 millón de euros e adxudicado á empresa Telefónica, será decisivo para a implantación total e de calidade da Administración Electrónica. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, deu conta do calendario de execución dos traballos en Triacastela, o Concello no que comezou o despregue da banda longa ó ser un dos que máis problemas ten para a conexión á Rede.
Ó respecto, o Alcalde de dito municipio, Miguel Ángel Castela, asegurou que “temos moitos problemas para conectarnos a Internet, e mesmo para enviar un pequeno archivo mediante correo electrónica. O único servizo coa que contamos ata o momento foi posible grazas o Plan E do Goberno Central cuxos fondos permitíronnos instalar unha escasa sinal wifi da que se benefician os nosos veciños. A Xunta non fixo nada ó respecto no Concello, nin sequera o telecentro que trouxo á Casa Consistorial”.
Gómez Besteiro salientou que “no primeiro debate sobre demografía que celebramos na provincia, no Lugo Reacciona, expertos na materia concluíron que era necesario potenciar o desenvolvemento das novas tecnoloxías para frear a perda de poboación. Hoxe, o 50% dos municipios lucenses séntese aillado o non dispor de conexión a Internet. Por iso, a Deputación, dentro das súas posibilidades, achega a sinal wifi ás Casas Consistoriais e telecentros da provincia, un servizo que lles permitirá co Innova-TE interactuar de xeito inmediato coas administracións. Sen embargo, temos que insistirlle á Xunta o mesmo esforzo inversor para achegar a banda longa ós fogares; temos que pedirlle que anticipe, alomenos en Lugo, os seus plans que se enmarcan no horizonte do 2013 para garantir os mesmos dereitos, sen excepcións, a todos os cidadáns da Comunidade”.
As obras arrancan tamén de xeito inmediato noutros municipios da Montaña onde a complicada orografía fai difícil ó acceso á Rede. Ademais de mellorar a velocidade en todos os Concellos beneficiados, en 25 deles a banda longa servirá para desbloquear a posta en marcha da tramitación on line. Na actualidade, as Casas Consistoriais teñen unha capacidade de transmisión deficiente ou non axeitada.
ADSL, fibra, cable ou satélite
A dotación de banda longa facilitarase combinando catro solucións técnicas, determinadas pola empresa adxudicataria en función da infraestrutura dispoñible en cada lugar e co fin de dar o mellor servizo posible en cada caso. Na maioría dos Concellos darase cobertura por ADSL, como ocorrerá en Cervo, Mondoñedo, A Pontenova, Lourenzá, Muras, Abadín, A Pastoriza, Castro de Rei, Begonte, Guitiriz, Riotorto, Meira, Pol, A Fonsagrada, Becerreá, Barralla, Pedrafita do Cebreiro, Friol, O Corgo, Portomarín, Rábade, Castroverde, Láncara, Paradela, Palas de Rei, Monterroso, Carballedo, Chantada, Taboada, A Pobra de Brollón, Ribas de Sil, Quiroga e Sober. Noutros lugares darase por fibra óptica, o que ocorrerá en Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo, Vilalba, Sarria e Monforte (Concellos nos que é posible habilitar esta tecnoloxía porque contan cunha infraestrutura de base máis desenvolvida), e optarase polo cable en Baleira, Cervantes, As Nogais, Samos e Triacastela. Nos lugares nos que non sexa posible nin a fibra óptica nin o cable, darase o servizo por vía satélite, como en Ribeira de Piquín, Negueira de Muñiz e O Páramo, e tecnoloxía 3G, como é o caso do Incio.
Xunto ás casas consistoriais, pasarán a ter banda longa os telecentros dos municipios que se sumaron ó Innova-TE e a sede da Deputación, o Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES), Recadación, e a Fundación TIC.
Coa execución deste plan, a Deputación adiántase en dous anos á Xunta na extensión da banda longa, a pesar de que a Administración galega é a que ten competencias nesta materia. Neste senso, Gómez Besteiro esixiu de novo ó Executivo de Feijóo que axilice ó máximo os seus plans para no frear a velocidade do Innova-TE, grazas ó que a provincia de Lugo pasou nuns meses de estar no furgón de cola a situarse á cabeza en Administración Electrónica. O proxecto tecnolóxico da Deputación conta cun orzamento de 9 millóns de euros, financiados nun 70% pola Unión Europea e nun 30% polo INLUDES, e fará realidade no mes de xullo unha Administración sen papel e aberta as 24 horas.
Zona wifi en San Marcos
De maneira complementaria ó proxecto de dotación de banda longa ós consistorios adheridos ó Innova-TE, a Deputación proxectou a configuración da praza de San Marcos como zona wifi, co que se converterá na primeira destas características do centro da capital lucense. O servizo estará operativo no momento no que estean listas as obras que se acometen na praza e permitirá o acceso gratuíto dos lucenses a Internet na parte frontal do Pazo de San Marcos, na zona traseira do inmoble e nos xardíns interiores, así como no propio interior do edificio, onde o servizo poderá utilizarse no salón de actos e na sala de xuntas. Para elo poden usar calquera tipo de dispositivo con tecnoloxía wifi, ben sexa un ordenador portátil, teléfono móbil ou PDA, entre outros.
Os usuarios da rede dispoñerán dun máximo de 256 kas, a velocidade máxima permitida para espazos públicos con wifi. Outras das restricións fixadas para este tipo de servizos é que non se poden prestar a zonas de vivendas particulares.
Nos exteriores do Pazo de San Marcos, así como no salón de plenos e no de xuntas, o acceso será totalmente libre, e nas zonas de traballo do interior do edificio, habilit
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



