Nota de prensa
A Deputación crea máis de 50 contratos laborais en Burela durante o mes de marzo
– O Presidente e o Alcalde supervisaron o inicio dos traballos na Casilla e na Marosa que dan emprego a 12 persoas para a instalación do servizo de canalización de augas
– Besteiro adianta que mañá a Xunta de Goberno aprobará a contratación de novas obras neste Concello por máis de 300.000 euros e que suporán a contratación doutras 12 persoas
– Ademais dos contratos iniciados en marzo, esta semana 30 burelenses comezaron os cursos do Pacto Provincial polo Emprego para insertarse laboralmente nas profesións con máis futuro na provincia
52 persoas teñen traballo en Burela coas actuacións que a Deputación leva a este Concello no mes de marzo. Trátase de iniciativas que combinan a creación de emprego coa mellora dos servizos municipais. É o caso do Lugo Emprega, que acaba de crear novos contratos laborais que permitiron sacar das listas do paro a 20 burelenses, ou da execución de novas obras coas que 32 operarios, capataces, maquinistas ou enxeñeiros terán emprego neste municipio mariñano. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, destacou que “fronte a outras administracións que se agochan nunha falsa austeridade que nos leva á pobreza, a Deputación vai a seguir traendo novas actuacións e máis emprego a Burela”.
O Presidente, acompañado polo Alcalde de Burela, Alfredo Llano, supervisou este xoves o inicio dos traballos de mellora na rede de saneamento na Casilla e na Marosa. O pasado venres a Xunta de Goberno provincial aprobaba a contratación destas obras por valor de 75.000 euros. En menos dunha semana, o organismo provincial comezou a súa execución, respostando coa máxima axilidade a un dobre obxectivo: empregar a 12 persoas que durante 4 meses realizarán unhas actuacións que, ó mesmo tempo, permitirán dotar dun servizo de canalización de augas residuais ós veciños de 20 vivendas. “Estas obras permitirán que unha das zonas máis visitadas e que recibe a un gran número de turistas quede en perfectas condicións”, destacou o Rexedor.
Gómez Besteiro adiantou que a Xunta de Goberno desta semana tamén aprobará a contratación de 2 das 18 obras que lle corresponden a Burela dentro do denominado Plan Complementario, posto en marcha para intensificar o apoio ós municipios. Unha obra é a mellora do alumeado público da Avenida Arcadio Pardiñas, dotado de 238.000 euros. Suporá a contratación de 6 persoas que, ó longo dun mes, instalarán un sistema de baixo consumo que conlevará un aforro ás arcas municipais do 60%. Ademais, tamén se contratarán os traballos de adecuación do entorno e da igrexa parroquial de Santa María por valor de 67.500 euros, dando traballo a outras 6 persoas durante un mes e medio. O Alcalde subliñou que “a Deputación executará un total de 18 obras en Burela que cambiarán a imaxe do noso Concello, e coas que lograremos traer máis riqueza”.
Obras=Emprego
Besteiro e Llano tamén supervisaron as obras de reconstrución da Ponte do Perdouro. O organismo provincial segue a executar estes traballos que se traducen en 8 empregos máis en Burela. O desbordamento do río dos Matos provocou en xaneiro o corte deste treito da antiga N-642. A Xunta, responsable da canle de dito río, eludiu a súa responsabilidade polo que, ante a necesidade destes traballos e a demanda dos veciños, fíxose cargo a Deputación achegando preto de 75.000 euros. “Este vial vai a quedar moito mellor do que estaba grazas ó compromiso do organismo provincial” subliñou Llano.
Este caso, exemplifica os datos revelados estes días pola Federación Galega da Construción: dos 13,5 millóns de euros licitados nos dous primeiros meses de 2011 en obra pública na provincia lucense, máis de 7 millóns de euros, é dicir, máis do 53% do total corren a cargo exclusivamente da institución provincial. En contraposición, o Goberno galego recortou este investimento na Comunidade nun 25% con respecto ó mesmo período en 2010.
En total, o esforzo inversor en obra pública por parte da Deputación no Concello de Burela no que levamos de mes de marzo cuantifícase en máis de 450.000 euros e 32 contratos laborais.
Programas de emprego
A maiores, os únicos programas laborais que beneficiaron ós burelenses foron o Pacto Provincial polo Emprego que insertará laboralmente a 576 persoas na provincia, 30 delas de Burela que comezaron esta semana a súa formación. (operacións auxiliares de fabricación para industria agroalimentaria, atención sociosanitaria en institucións sociais e auxiliar de enfermería en xeriatría); e o Lugo Emprega, que no caso de Burela, tendo en conta a taxa de poboación activa e o número de desempregados, contratou a 20 parados.
A Xunta, administración con plenas competencias nas políticas de emprego, discriminou a Burela ó non levar a este Concello mariñano ningún obradoiro ou escola taller. En 2010, estas iniciativas só se celebraron en 10 municipios da provincia, todos gobernados polo Partido Popular.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



