Nota de prensa
ECONOMÍA E INDUSTRIA LIDERA UN PROXECTO PILOTO NA ADMINISTRACIÓN LOCAL DE ILUMINACIÓN EXTERIOR UTILIZANDO TECNOLOXÍA LED PARA REDUCIR CUSTOS ENERXÉTICOS E ECONÓMICOS
* Esta actuación innovadora, cun alto grao de carácter experimental, que se integra na aposta estratéxica da Xunta pola potenciación do aforro enerxético en todos os sectores, levarase adiante mediante un convenio impulsado polo Inega con Philips Ibérica S.A.U. e cos alcaldes de Ribeira, Cervo, Xove, A Peroxa e San Cibrao das Viñas
* Esta actuación mostra, unha vez máis, ao apoio do departamento que dirixe Javier Guerra aos concellos galegos para avanzar na estratexia de aforro e eficiencia enerxética cunha achega que vai mobilizar 290.000 euros
* Os resultados finais servirán de base para a elaboración dun estudo sectorial sobre o consumo enerxético de instalacións de iluminación exterior nas entidades locais
Santiago, 12 de marzo de 2011.- Co obxectivo de avanzar na aposta estratéxica da Xunta de Galicia pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética, a Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), impulsará e dirixirá un proxecto piloto de iluminación exterior, mediante a utilización de tecnoloxía LED, que se desenvolverá en cinco concellos galegos (Ribeira, Cervo, Xove, A Peroxa e San Cibrao das Viñas).
Este programa experimental ten como fin posibilitar o ensaio de novas opcións de iluminación e a posta en práctica de medidas de aforro e eficiencia enerxética en puntos estratéxicos destes concellos que, ademais da conseguinte redución de custos enerxéticos e económicos e a potenciación dun uso racional da enerxía, leven aparelladas unha mellora na calidade do servizo público, así como unha repercusión directa na protección do medio ambiente.
Deste xeito, o departamento que dirixe Javier Guerra continúa prestando, neste caso desde o Inega, unha especial atención aos concellos, que se materializa, entre outras actuacións, a través dun amplo programa de axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e a enerxías renovables, que neste exercicio tivo preto de 14 millóns de orzamento, con subvencións que alcanzaron ata un 75% da contía subvencionable.
O Inega levará adiante esta innovadora actuación de promoción do aforro e da eficiencia nas entidades locais, que acada máis relevancia dado o actual contexto económico, mediante un convenio de colaboración con Philips Ibérica S.A.U. e cos concellos de Ribeira, Cervo, Xove, A Peroxa e San Cibrao das Viñas, municipios elixidos tendo en conta as súas características específicas de iluminación pública exterior. A través deste proxecto, cun alto grao de carácter experimental, testaranse as distintas posibilidades de uso e a implantación de novas tecnoloxías de iluminación exterior, para a posteriori, extrapolar os resultados obtidos a outras entidades con características semellantes.
En base ao dito convenio coordinado polo Inega, en colaboración co IDAE, acometerase un proxecto técnico por parte de Philips Ibérica S.A.U., empresa con traxectoria acreditada no sector, de xeito que se permita poñer en práctica medidas cara á redución de consumo enerxético e o uso racional da enerxía nos concellos referidos.
Visibilidade e repercusión inmediata
De acordo co proxecto técnico, as accións que se impulsarán no marco deste proxecto piloto con novas tecnoloxías de iluminación, terán como ámbitos de actuación os seguintes: o centro de Cervo; a praza do Concello da Peroxa; diversas rúas de Ribeira; o acceso ao polígono de San Cibrao das Viñas e o Camiño Real de Xove. Coa materialización deste acordo adoptaranse importantes medidas de promoción do aforro na administración local, onde o contacto co cidadán é directo e, polo tanto, as medidas a aplicar está previsto que alcancen un maior grao de visibilidade e repercusión pública.
O proxecto piloto conxunto ten un custo total de 290.000 euros, e o Inega custeará o 40% con máis de 115.000 euros, mentres que Philips Ibérica S.A.U. e cada un dos concellos seleccionados participarán, a partes iguais, achegando o 30% do orzamento restante. Unha comisión de seguimento e control formada por un representante de cada unha das partes asinantes fará seguimento do desenvolvemento das actuacións deste convenio mediante o que o Inega desenvolve medidas de renovación de instalacións de iluminación pública exterior, e que estará vixente ata o 15 de outubro de 2011.
Este proxecto piloto con tecnoloxía LED, co que se pretende obter aforros cuantiosos na iluminación dos concellos, incardínase no programa de actuacións de promoción do aforro e da eficiencia enerxética que o Inega está a levar a cabo en todos os sectores económicos, e para o que destinará máis de 21 millóns de euros. Coa xestión do conxunto de actividades prevese a xeración dun aforro de enerxía de 193.419 MWh anuais, un aforro económico de preto de 16 millóns de euros anuais, evitar á emisión á atmosfera de 78.143 toneladas de CO2, o que se traducirá nun investimento asociado de 75 millóns de euros.
O devandito convenio vén de materializarase coa sinatura entre o director do Instituto Enerxético, Eliseo Diéguez García; e os directores de Luminarias e de Eficiencia Enerxética e Medio Ambiente, respectivamente, Francisco Javier Merino Guerra e Juan Carlos Aguilera Vela; así como cos alcaldes de Ribeira, José Luis Torres Colomer; de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez; de Xove, José Demetrio Salgueiro Rapa; da Peroxa, Manuel Seoane Rodríguez e de San Cibrao das Viñas, Elisa Nogueira Méndez.
Estudo sectorial
En base ao convenio, a compañía Philips Ibérica S.A.U. comprométese a aplicar o desconto en todas as luminarias que sexan necesarias para a execución do proxecto e tamén a que o seu persoal técnico supervise os traballos ao remate dos mesmos. Así mesmo, a devandita empresa deberá elaborar un informe de resultados do proxecto piloto, que servirá de base para a realización dun estudo sectorial sobre o consumo enerxético de instalacións de iluminación exterior nos concellos, ao que o Inega dará a máis ampla difusión posible. Pola súa parte cada un dos municipios que participan neste programa pioneiro deberá executar as obras que lle correspondan, tarefa na que contará co asesoramento do Inega.





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



