Nota de prensa
O Parlamento de Galicia convoca un concurso escolar para animar aos rapaces a afondar nos valores democráticos
* Fíxanse premios para cada alumno gañador, o profesor responsable, os compañeiros da clase e o colexio para fomentar a corresponsabilidade e o traballo en equipo Os colexios están recibindo estes días as bases da convocatoria, que estará aberta ata o vindeiro 29 de abril
* Pilar Rojo anima a escolares e profesores a participar no concurso e a interesarse polo funcionamento do Parlamento de Galicia, a casa de todos as galegas e os galegos, incluídos os máis novos
* Máis información na web: http://concursoescolarparlamentodegalicia.blogspot.com/
O Parlamento de Galicia vén de convocar un concurso escolar no que poderán participar todos os rapaces que cursan ensinazas obrigatorias na Comunidade Autónoma co obxectivo de impulsar o coñecemento dos valores democráticos e o funcionamento da Cámara lexislativa galega.
A presidenta do lexislativo galego, Pilar Rojo Noguera, presentou as bases deste concurso, que xa se enviaron aos centros, de xeito que os participantes dispoñan de dous meses para elaborar o traballos. O prazo de presentación de orixinais para este concurso remata o próximo 29 de abril.
Pilar Rojo explicou que con este concurso, o Parlamento de Galicia pretende facerse máis visible entre os escolares galegos, dado que eles representan o futuro, ao tempo que se pretende suscitar o interese dos máis novos polo funcionamento e o papel das institucións sobre as que se configura o sistema democrático.
Este concurso escolar complementarase cun ciclo de charlas que se celebrarán nos institutos para alumnos de bacharelato e que serán ofrecidas por integrantes da Asociación de exparlamentarios do Parlamento de Galicia.
A titular do Lexislativo insistiu en convidar a todos os escolares galegos, e tamén aos seus profesores, a participar no concurso e animounos a interesarse polo funcionamento do Parlamento de Galicia, a casa de todos os galegos, incluídos os máis novos, algúns dos cales serán deputadas e deputados no futuro.
Modalidades
O concurso escolar presentado hoxe estrutúrase en tres modalidades:
• Concurso de debuxo, dirixido ao alumnado de 1°, 2°, 3º e 4° de primaria.
• Concurso de redacción, dirixido ao alumnado de 5.° e 6° de primaria e 1° e 2.° da ESO.
• Concurso de expresión libre, dirixido ao alumnado de 3° e 4.° da ESO. Esta modalidade está aberta a calquera tipo de expresión creativa, como redacción, debuxo e pintura, fotografía, vídeo ou calquera outro traballo realizado servíndose das posibilidades das novas tecnoloxías.
En cada unha das modalidades a concurso, o xurado tamén seleccionará cadanseu finalista.
Cada un dos gañadores recibirá como premio un ordenador e un lote de libros. Os finalistas serán obsequiados cun lote de libros e un equipo portátil de audio.
Corresponsabilidade e traballo en equipo
Para fomentar a corresponsabilidade e o traballo en equipo, o Parlamento de Galicia ten previsto galardoar tamén á clase de cada un dos gañadores cunha excursión de carácter educativo para visitar un lugar significativo de Galicia, na data que decida o centro.
O centro escolar do gañador de cada modalidade recibirá un equipo completo de encerado dixital; mentres que o profesor ou profesora de cada un dos gañadores terá un ordenador portátil.
Os premios entregaranse nun acto a celebrar no Parlamento de Galicia ao que serán convidados os colexios participantes no concurso.
Xurado institucional
O xurado encargado de seleccionar os gañadores de cada modalidade estará integrado polos integrantes da Mesa do Parlamento de Galicia ou polos deputados nos que deleguen cada un deles, así como por un docente designado pola Cámara.
Recordo para as vítimas do 11-M
Antes de rematar as súa comparecencia, a presidenta do Parlamento de Galicia tivo un “recordo emocionado para todas as vítimas” dos atentados do 11-M, dos que hoxe se cumpren 7 anos, “e as súas familias”. “Todos están nos nosos corazóns”, afirmou Pilar Rojo.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



