Nota de prensa
O Partido Popular de A Pontenova responde ás declaracións vertidas polo alcalde Darío Campos.
O PP de A Pontenova quere saír ao paso das declaracións vertidas polo Alcalde socialista Darío Campos en relación co tema da pasarela.
O Sr. Campos ten un problema de memoria, xa que non recorda quen presentou o proxecto na Pontenova, que non foi máis que a entonces Ministra, Sra. Espinosa, o Sr. Presidente da Deputación de Lugo, Sr. Besteiro e el mesmo como Alcalde de A Pontenova, todos eles do Partido Socialista. Daquela non se acordaba para nada de dicir na prensa que o proxecto era do PP. Polo tanto querer apuntarse os tantos e as medallas e o bonito do proxecto, porque do resto do proxecto non fala que é da época do PP, so a pasarela, non é máis que querer enganar aos veciños e quen ten que deixar de mentir e de ensuciar aos demais e á vida política é el. Sr. Campos, sexa consecuente coas súas decisións.
Mire Sr. Campos, queremos puntualizarlle tres cousas sobre este tema
1º.- Quen goberna toma as decisións para iso lle deron a confianza os veciños, vostede, ou a persoa co faga, é o que goberna na Pontenova e vostede tomou a decisión de sacar o proxecto adiante tal e como está, con pasarela incluída. O colmo do cinismo é que como á maioría do pobo non nos gusta e estamos en contra da famosa “pasarela” agora pásalle a pelota ao PP. Mire, non, vostede é o responsable, vostede e/ou quen mande no concello de A Pontenova. Cada quen ten que ser froito das súas decisións e vostedes, o equipo de goberno, do PSOE, tomaron a decisión de facer esa pasarela, lles guste ou non lles guste.
2º.- Teña por seguro que si o PP gobernara no Concello non iba a permitir que se “executara” a pasarela tal e como está, que iba a escoitar aos veciños, que iba a actuar en consecuencia e iba a loitar por manter o servizo que daba a anterior ponte. Sr. Campos, non se debe gobernar de espaladas aos veciños, os veciños “non damos a lata”, damos as nosas opinións e queremos o mellor para o noso pobo. Vostede, en vez de escoitar e “liderar” esas voces veciñais, que é o que ten que facer un bo alcalde, prefire enfrontarse a elas, manter esa pasarela (que non fixo nin fai nada para cambiala) e “ensuciar” aos partidos da oposición.
3º. Que non lle quede a menor dúbida que si o PP chega ao goberno municipal despois do 22 de maio vai a loitar con todas as ferramentas que teña ao seu alcance para conseguir restablecer o servizo que daba a antiga ponte, cousa que non fixeron vostedes.
Sr. Campos asuma as súas decisións e dedíquese a gobernar para o ben dos veciños e non de espaladas a eles e deixe de faltar á verdade que para iso lle pagamos entre todos un bo soldo.























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



