Nota de prensa:
Roel salienta que “o PP recoñece que a Deputación vese na obriga de asumir as competencias da Xunta en Lugo”
– A negativa a un plan de emprego para Lugo, ó bloqueo á construción do centro de recría ou a negativa a rebaixar o prezo do solo industrial, exemplos da “incompetencia” da Xunta
– Roel subliña que “mentres a Deputación asume as súas competencias, a Xunta agóchase día a día na confrontación co Goberno de España”
– O Deputado asegura que “o Executivo galego non só elude as súas responsabilidades, senón que ademais premia ós veciños que fan o seu traballo con sancións” poñendo como exemplo o acontecido na parroquia de Santa María de Lóuzara
O Deputado de Persoal do organismo provincial e Alcalde Viveiro, Melchor Roel, manifestou este mércores a opinión do equipo de Goberno provincial diante dunha pregunta que mañá será respostada no Parlamento pola Xunta, e que presentou o Deputado do PP, José Manuel Balseiro. No escrito, o popular manifesta o seu malestar porque a Deputación está a construír 10 residencias con centros de día, así como a contratar a 711 desempregados co Lugo Emprega malia, segundo Balseiro, “non ter competencias directas na materia” xa que estas lles corresponden á Xunta. Roel salientou que “as preguntas do señor Balseiro poñen en apuro a Feijóo xa que veñen recoñecer que, ante a incompetencia da Xunta en Lugo, a Deputación vese na obriga de asumir as súas competencias na provincia lucense”.
Para o Goberno provincial a Xunta amosa unha enorme incompetencia nos asuntos que lles corresponde, obrigando a actuar a outras administracións como a Deputación de Lugo. Son exemplos: a negativa a crear un plan de emprego para Lugo, a falta de apoio do Goberno autonómico ós Concellos ante os asolagamentos do mes de xaneiro, o bloqueo á construción do centro de recría na granxa Gayoso Castro que beneficiará a centos de gandeiros, ou a negativa a rebaixar o prezo do solo industrial o que favorecería.
Neste senso, o Deputado salientou que “á Xunta non lle preocupan os danos que provocaron as choivas nos municipios, nin o emprego, nin os servizos os cidadáns. A súa única preocupación é que a Deputación asuma as súas competencias atendendo ós veciños desta provincia. Mentres, o Goberno galego elude as súas responsabilidades e agóchase día a día na confrontación co Goberno de España”. A maiores, engadiu que “o Goberno galego está tan preocupado do que fai esta Deputación, que Feijóo nombrou durante o debate do Estado da Autonomía ata en 3 ocasións ó organismo provincial, sendo a única administración galega a que fixo referencia”.
“Premia ós veciños con sancións”
O Deputado de Persoal manifestou ademais que “o Executivo galego non só elude as súas responsabilidades, senón que ademais premia os veciños que teñen que facer o seu traballo con sancións”. Como exemplo destacou o acontecido na parroquia de Santa María de Lóuzara onde “os cidadáns arranxaron unha vía de titularidade autonómica porque a Xunta non o facía, e cal foi a súa resposta?: premiar ós veciños cunha sanción de 300 euros”.
Roel destacou que “é unha sorte que Balseiro sexa Deputado do PP porque, aínda que só se adica a intentar entorpecer o labor deste Goberno provincial, o único que consegue é denunciar os fracasos e incompetencias dos compañeiros do seu propio partido”. Deste xeito, engadiu que “o señor Balseiro pregunta se a Deputación consensou coa Xunta a construción de 10 residencias con centros de día na provincia. Eu respóstolle que nós tivemos que actuar e crear estes servizos para os cidadáns de Lugo porque a Xunta ten abandonada a nosa provincia. O Deputado do PP tamén se pregunta se a Xunta ten coñecemento do Lugo Emprega recoñecendo ademais, que a Deputación seguiu criterios obxectivos como o número de parados e o de habitantes para crear en todos os Concellos un total de 711 novos postos de emprego. Xa quixéramos os Alcaldes que o Goberno galego empregase estes criterios no seu Plan Concertado e non a liña caciquil a que nos teñen acostumados, confundindo as institucións cun clube de amigos”, sentenciou.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



