Nota de prensa
A FROTA GALEGA QUE PESCA NO CANTÁBRICO-NOROESTE MEDROU PRETO DE 170 POSTOS DE TRABALLO EN 2010
*
Un total de 1.050 tripulantes novos rexistráronse no Instituto Social da Marina ao longo do ano pasado para traballar neste caladoiro, no actual contexto de crise, fronte aos 883 que se deron de baixa
*
0 61,7% dos traballadores por conta allea que pescan no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste e en augas interiores gozan de contrato indefinido
*
Son datosincrementouse en 2010 en 167 tripulantes. Así, 1.050 tripulantes se deron de alta no Instituto Social da Marina durante o ano pasado, fronte aos 883 que se deron de baixa. Son resultados extraídos dunha enquisa elaborada pola Consellería do Mar sobre a poboación ocupada na frota galega que realizou a súa actividade en augas interiores de Galicia e no caladoiro nacional Cantábrico-Noroeste durante o ano pasado. A consellería presentou esta mañá ao Consello da Xunta un informe da enquisa Ocupesca cos resultados acadados.
dun estudo realizado pola Consellería do Mar para obter información sobre a poboación que traballa a bordo das embarcacións e así adoptar decisións de futuro
O persoal dos buques con porto base en Galicia que pescan no caladoiro do Cantábrico-Noroeste
A Consellería do Mar está a traballar intensamente para tratar de manter e incrementar os postos de traballo neste sector estratéxico para Galicia neste ano, a pesar das complicadas circunstancias ás que se enfronta o sector tras os recortes dos TAC e cotas establecidas pola UE para o presente ano 2011.
Traballadores indefinidos
Ademais o informe sostén que a maioría dos traballadores por conta allea, que son 5.841 persoas, gozan de contrato indefinido -un 61,7 %- fronte ao 33,85 que teñen contrato temporal. Respecto da idade, cabe salientar que preto do 60% das persoas que traballaron no Cantábrico-Noroeste en 2010 teñen entre 35 e 45 anos. Das máis de 10.600 persoas que traballaron nas augas interiores de Galicia e neste caladoiro, máis de 6.000 están comprendidas nesta franxa de idade, o 94% son homes e a práctica totalidade dedícase a esta profesión a tempo completo.
En canto ao resto da poboación que traballa nestes caladoiros e nas augas interiores, máis do 30% está na franxa comprendida entre os 16 e os 34 anos e un 10% ten 55 ou máis anos. Outros datos que se obteñen deste estudo é que do total das persoas que traballo nas augas interiores de Galicia e neste caladoiro o ano pasado, máis de 7.400 (o 70%) pertencen á frota de artes menores. Á esta franxa de poboación séguelle o cerco, con máis de 1.300 tripulantes, e a de arrastre, con máis de 880.
Outro dato que se obtén do estudo é que a metade da poboación que traballou no caladoiro nacional é da provincia da Coruña.
En canto á nacionalidade, a enquisa amosa que case o 90% da poboación ocupada na frota galega é española e o outro 10% son estranxeiros. Dos 1.100 estranxeiros ocupados nesta profesión, a súa maioría son de orixe peruana, seguida da indonesia e máis de 600 traballan nas frotas de cerco e de artes menores.
O obxectivo da Consellería do Mar coa realización deste estudo é coñecer a situación de ocupación laboral e obter información sobre a poboación que traballa a bordo das embarcacións a fin de dispoñer de información actualizada que permita adoptar decisións de futuro acordes ás necesidades do sector e orientar as políticas da consellería no obxectivo de impulsar a profesión de mariñeiro na frota galega.
A enquisa consistiu en dúas fases, unha referente ao primeiro semestre de 2010 e outra ao segundo. Para a súa elaboración realizáronse 829 entrevistas a armadores de buques pesqueiros con porto base en Galicia -415 entrevistas na primeira parte e 414 na segunda-. A mostra distribuíuse en seis estratos en función da arte de pesca principal empregada polos buques -arrastre, cerco, palangre de fondo, palangre de superficie, enmalle e artes menores- e distribuíuse territorialmente segundo a provincia do porto base das embarcacións.




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



