Nota de prensa:
Presentara varias iniciativas no Parlamento instando a adoptar medidas de protección para que este edificio singular do século XVI, de gran valor histórico e arquitectónico, non se derrubara dado o seu mal estado
A DEPUTADA DO PPDEG EMMA ALVAREZ SE CONGRATULA POLA APROBACIÓN NO CONSELLO DA XUNTA DUN CONVENIO PARA A RESTAURACION DA FORTALEZA DE TOVAR, EN LOURENZÁ
Santiago, 17 de marzo de 2011.- A deputada do PPdeG Emma Álvarez Chao se congratula pola aprobación, no Consello da Xunta celebrado hoxe, dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e o Concello de Lourenzá para a realización das obras de consolidación e acondicionamento do Pazo Fortaleza de Tovar, en Lourenzá. Así Consellería de Cultura e Turismo destinará 315.000 euros, repartidos en tres anualidades, para a posta en valor deste ben de interese cultural.
A deputada popular presentara varias iniciativas no Parlamento instando a adoptar medidas de protección para que este edificio singular do século XVI non se derrubara dado o seu mal estado de conservación. Nestas iniciativas instaba á Administración a implicarse na protección da Fortaleza dado o seu valor histórico e arquitectónico e a súa privilexiada situación preto da costa e do Camiño e Santiago e a escasos quilómetros do Mosteiro de San Salvador de Lourenzá, declarado Ben de Interese Cultural.
Na pregunta parlamentaria formulada en pleno pola deputada do PPdeG o Conselleiro de Cultura xa confirmara o seu compromiso coa restauración da Fortaleza, o interese do seu departamento en desbloquear a situación de parálise mantida polo bipartito na Xunta de Galicia, e a intención manter contactos co propietario do inmoble e o Concello para subscribir acordos que permitiran actuar sobre o edificio e darlle un uso público.
Emma Álvarez, así mesmo, organizou unha visita do Conselleiro de Cultura para visitar o edificio, así como outras instalacións do Concello e
un encontro do dono do pazo co director xeral de Patrimonio da Xunta ao obxecto de estudiar vías de colaboración. Para a deputada popular “o Convenio autorizado polo Consello da Xunta ven a amosar a implicación da Xunta neste edificio para permitir preservar a súa singularidade e riqueza arquitectónica”. No Convenio autorizado hoxe se inclúen obras para o acondicionamento das cubertas e muros, a mellora das medidas de seguridade e as actuacións mais urxentes que permitirán a realización de visitas e o uso público da Fortaleza de Tovar.