A Mariña acaba de vivir, con esplendor, a tradición dos carnavais que son, acaso, as mais populares e participativas celebracións, nas que a cidadanía toma parte con maior entusiasmo e protagonismo, imprescindibles para o bo fin que se persegue. E tamén na que se expresa con maior liberdade, humor e enxeño, posto que na montaxe e disfrute ten amplo marxe para expresar os seus gustos e sensibilidades, ou as preferencias lúdicas i estéticas, sen o corsé que moitas veces os gobernantes impoñen con programacións unipersoais, artelladas na soidade dos despachos, convencidos de que as súas ideas son o mellor para todos, Foron istes, días de ilusión e felicidade para a maioría dos veciños dos nosos pobos, nos que o balbordo popular, alegre e desenfadado, marcaron as pautas da convivencia cidadá; parabéns. Pero, como dí o vello aforismo, “dura pouco a alegría na casa do pobre” e aí están xa os políticos co seu antroido particular, dispostos a aflixir á veciñanza, coa tradicional murga que antecede ás eleccións, campañas dialécticas baseadas nos mesmos ou parecidos argumentos: a violencia verbal entre contendentes, acusacións mútuas, demagoxias, promesas incumpridas ata o indigno. A este carnaval esperpéntico, insulso, repetitivo e deprimente, que abate os exultantes ánimos saídos do antroido popular, achéganse mesías foráneas de reforzo, algúns, coñecidos na praza por mensaxeiros da mentira e, polo tanto, artífices da frustración que aínda lle sangra á veciñanza de Foz, Pero aínda así, as xornadas que estamos a vivir terán tamén a súa faceta humorística; de feito xa está sucedendo, porque, non me dirán que non é de risa escoitar ou ler as manifestacións dalgúns dos personaxes que prometen gobernar, se o conseguen, coa disposición ó diálogo, á transparencia e ó respecto ás persoas. Cando un le ou escoita, de certos persoeiros, tales “propósitos”, coida estar noutra galaxia…E das promesas, que non faltarán, non se preocupe, lector amigo: xa a escritora, Elvira Lindo, ten dito:”O político promete a ponte onde non hai río”. Ou sexa, o de sempre.
Suso Fernández

















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



