Nota de prensa
AS PUPILAS DE PARDEIRO RECIBEN O LACTURALE ORVINA COMO PENÚLTIMO CLASIFICADO
As pupilas de Javier Pardeiro reciben na vixésimo terceira xornada de Honra o Lacturale Orvina como penúltimo clasificado. A cita dará comezo mañá, ás 18.30 horas, no pavillón Vista Alegre.
O Burela FSF Pescados Rubén verase as caras cun conxunto que pelexa por saír dos postos de descenso (17 puntos) e que ata o momento só foi capaz de puntuar na súa pista; de feito, na primeira volta arrincoulles ás mariñás un empate (2-2). Aínda que dende a cuarta praza (39) o cadro laranxa é favorito, as locais deben afrontar o partido con cautela, posto que as navarras chegarán moi animadas despois de romper a etapa de oito xornadas sen triunfos a semana pasada, ante o Valladolid (4-2).
A única dúbida nas filas burelistas será a de Lara, que non puido completar ningún adestramento da semana pola escordadura de xeonllo que xa lle impediu participar na xornada pasada.
![]()
De conseguir os tres puntos mañá, a escuadra laranxa terá unha boa oportunidade de reducir distancias co podio, ante a difícil xornada do terceiro, Atlético de Madrid Navalcarnero (43), que visita a pista do líder mostoleño (64). Por detrás do Burela FSF, Diamante-La Rioja (36) e Valladolid (35), quinto e sexto respectivamente, reciben ao Femesala Elche (31) e Cidade das Burgas (31).
Baixa de Alba
A ala-pivote coruñesa Alba López García non continuará vinculada ao Burela FSF Pescados Rubén por motivos persoais. A xogadora debutou na elite futbolística en 2010-11 coa escuadra laranxa tras unha brillante tempada co Viaxes Amarelle en Prata. Despois de formarse nas categorías inferiores do Sal Lence Coruña, Alba trasladouse á costa lucense para incorporarse ao Foz FSF, en Autonómica (2006-08). Na tempada 2008-09, co nacemento do Burela FSF, na incipiente División de Prata, a coruñesa converteuse nunha das protagonistas do espectacular ascenso laranxa a Honra, no primeiro ano de vida do equipo.




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
