Nota de prensa:
Os nacionalistas preséntanse como un equipo de traballo para gobernar Foz con auténticas políticas de esquerda
O BNG aproba a súa candidatura convencido de liderar o cambio político en Foz
Foz, 29 de marzo de 2011.- O BNG de Foz aprobou este luns en asemblea a candidatura que se presentará ás próximas eleccións municipais do 22 de maio. Os nacionalistas concorren aos vindeiros comicios cunha lista que combina a experiencia e a renovación, equilibrada no territorial, no xeracional e no profesional e que ten vocación de equipa, non de suma de persoas. Unha equipa que quere liderar o cambio político en Foz, avalada pola práctica política desenvolta no Concello nestes catros anos, unha equipa conformada por persoas solventes e capacitadas para dirixir o Concello de Foz nun momento tan complicado como este, unha equipa que é un reflexo do tecido social pero tamén unha equipa coa ilusión suficiente para facer fronte aos retos futuros para transformar Foz. Estamos certos de que é unha candidatura que se semella o máis posíbel ao que hoxe é o noso Concello.
A lista está encabezada polo actual portavoz municipal, Xan Carlos González Basanta e por Balbino Fernández López, xestor e asesor contable e tamén concelleiro nesta corporación. No posto terceiro preséntase Benito García Bolaño, membro da Asociación O Castro de Vilaronte, como número catro Amara Méndez Alonso, de Fazouro e Traballadora Social e número cinco Guadalupe Ramos Pillado, membro da ANPA do Colexio Público nº 1.
A continuación presentase Xulián Amarelo Eijo de Nois, mestre e adestrador de fútbol sala, Inés Paz Neira, ama de casa e responsable local, Manuel Sampedro Méndez, enfermeiro do Centro de Saúde de Foz, Santiago Fernández Río, autónomo de Cangas, Xosefa Xove Ferreiro, profesora no IES de Foz, Iago Díaz Villamil, médico no Hospital da Costa e veciño de San Martiño, Lorena Seivane García, licenciada en empresariais e empregada de banca, David Varela Fernández, traballador de Alcoa, Ricardo García Blanco, traballador do Servizo de Vixiancia Aduaneira, e Pilar Fernández Méndez, ensinante e directiva da asociación Cultural A Pomba do Arco. Completan a lista Miguel Seivane Gacio, pequeno empresario, Elvira Arias Sante, administrativa e Xosé Ramón Pena Marful, xubilado e membro activo da Comisión Focega en defensa da Sanidade e da Asociación de veciños O Castro de Foz.
O BNG preséntase no Concello de Foz como a única alternativa de esquerdas para combater as políticas de privatizacións e recortes laborais e sociais que os outros partidos defenden a pesar de traizoar a súa ideoloxía. Pola contra, o BNG ofrece unha xestión municipal que poña por diante os intereses públicos, a democratización das decisións municipais e o control do gasto que free o actual endebedamento do concello. Xa que logo os eixos rectores da alternativa nacionalista para estas eleccións pivota sobre a mellora dos servizos públicos e a posta en marcha de políticas activas que fagan posíbel a creación de emprego de calidade. Os nacionalistas están convencidos de que non hai máis alternativa de cambio que a súa proposta, na medida de que dúas das listas que tamén participan nestas eleccións están dirixidas por dúas persoas que gobernaron no noso Concello nos últimos 16 anos e noutro caso con outra cara pero cun proxecto detrás que tamén gobernou en Foz cos resultados que todos coñecemos.
Para o BNG o importante non son tanto as persoas senón as políticas que as avalan e durante a pasada lexislatura, o BNG foi o único que defendeu o carácter público dos servizos municipais como a xestión da piscina, a xestión da auga ou o servizo de axuda no fogar. Conseguiu a eliminación das taxas de exame para parados e paradas, a construcción da Galescola, a gasificación do concello, a conxelación das taxas municipais, a participación veciñal no Plan Xeral ou a ampliación do polígono industrial. Pulou por un regulamento de participación cidadá, por unhas bases de contratación iguais para todos ou polo mantemento das ensinanzas de adultos.
As prioridades principais do BNG no goberno municipal para esta lexislatura van ser a creación de emprego e a construcción da Residencia e do Centro de Día. Ao mesmo tempo, un cambio na forma de gobernar, buscando a unión de todos os grupos para conseguir cousas positivas para Foz e deixando de lado polémicas baldeiras como ás que asistimos atónitos todos os días nos medios. “O que lle sobra a Foz é o enfrontamento de políticos que só buscan o protagonismo persoal e o que realmente lle fai falta son políticas activas que redunden no benestar dos veciños” segundo o BNG.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



