A Deputación organiza esta semana visitas á Montaña, A Mariña e Ribeira Sacra a través do programa Km0
– Navia de Suarna, Burela, O Saviñao, Cervantes, Ribadeo e Viveiro son os destinos das rutas, que farán 302 veciños entre este martes e o xoves
– Un grupo de 48 xubilados de Taboada estivo hoxe en Navia e 55 integrantes da Asociación de Mulleres Rurais “Ledicia” do concello naviego desprazáronse á vila burelesa
O programa medioambiental Km0 da Deputación de Lugo inclúe para esta última semana do mes de marzo seis rutas polas comarcas de A Montaña, A Mariña e Ribeira Sacra. Deste xeito, un total de 302 veciños da provincia coñecerán dende este martes e ata o venres distintos lugares de interese de Navia de Suarna, Burela, O Saviñao, Cervantes, Ribadeo e Viveiro.
A asociación de xubilados de Taboada e a de mulleres rurais “Ledicia” de Navia son as entidades demandantes das dúas primeiras rutas que se desenvolven esta semana. O Deputado da Rede Viaria Provincial, Juan José Díaz Valiño, recibiu hoxe ós dous colectivos. Tras este acto, 48 persoas da agrupación taboadesa iniciaron unha viaxe que consistiu nunha visita ó Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD). Xa en Navia, comeron no restaurante “Xegunde”, deron un paseo pola beira do río vendo o Ponte Ojival e coñeceron as instalacións dunha fábrica de embutidos. Pola súa banda, 55 mulleres pertencentes á asociación “Ledicia” estiveron nun obradoiro de olería de Bonxe, comeron no restaurante “Palacio de Cristal” de Burela e, tamén na vila mariñana, visitaron a lonxa, o barco boniteiro Reina del Carmen e ó colectivo de redeiras, no propio porto.
Para mañá mércores está prevista a ruta “Cabo do Mundo”, que farán 48 veciños do Concello de Guitiriz, e outra pola aldea de Piornedo, en Cervantes, que cubrirán 48 persoas do Club Náutico de Foz. No primeiro caso, os guitiricenses visitarán o Mazo de Santa Comba e, seguidamente, o Mirador Cabo do Mundo, a igrexa e a praia da Cova, Belesar e as dependencias da adega Vía Romana, en Chantada, na que gozarán dunha cata. A comida será no restaurante “Durán”, en Escairón. No caso dos focenses, tras coñecer a Insua de Seivane, comerán no hostal “Piornedo”, visitarán a palloza e farán un recorrido por esta aldea dos Ancares para finalmente achegarse á igrexa de Donís.
O xoves haberá dúas saídas á Mariña. Unha a Ribadeo, demandada pola Asociación de Veciños de Tirimol, en Lugo, e outra a Viveiro, que solicitou o CEIP “Otero Pedrayo” de Rábade. A primeira viaxe farana 48 veciños e comezará cunha visita ó Centro de Interpretación do Río Rato. Continuará cunha comida no restaurante “Cofradía” de Rinlo e paseos por Illa Pancha, o forte de San Damián, O Cargadoiro e o casco histórico ribadense. Na segunda ruta participarán 55 rapaces, que coñecerán a olería de Bonxe. Seguidamente, comerán no restaurante “Val do Naseiro” de Viveiro e desprazaranse á igrexa de Santa María do Campo, verán os restos da muralla romana e medieval, darán un paseo pola praia de Covas e subirán ó monte San Roque.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



