Nota de prensa
“Non é suficiente que Zapatero diga que se vai; hai que asegurarse de que os socialistas desaparezan dos concellos”
O presidente do PPdeLugo responsabilizou ó PSOE da mala situación económica que asola ó pais durante os actos de presentación das candidaturas de Foz e Ribadeo que encabezan, respectivamente, Javier Jorge e Manuel Valín
Barreiro ensalzou tamén a “valentía” dos que asumen a responsabilidade de formar parte dunha lista electoral en “momentos difíciles” como os actuais
Foz/Ribadeo 2 de abril de 2011.- O presidente dos populares lucenses responsabilizou ós socialistas da “situación crítica” pola que está a pasar o país. “O único que demostrou o goberno socialista ata o momento é que é incapaz de sacarnos da crise, que el mesmo contribuiu a magnificar cunha política económica errónea e errática”, sentenciou.
Para José Manuel Barreiro a herdanza que deixan os socialistas, gobernen onde gobernen, é sempre a mesma: promesas incumpridas e moitas facturas sen pagar. “Xa sabemos o que fixo o bipartito na Xunta, algo parecido ó que está a facer na Deputación o tamén gobernó bipartito, o máis caro de toda a historia da institución, e, dende logo, a situación de España temos claro todos cal é: Os socialistas son unha lacra alí por onde pasan e as consecuencias da súa mala xestión resulta despois moi difícil de arranxar”, explicou.
“Non basta con que Zapatero diga que se vai, hai que asegurarse de que as maneiras dos socialistas, que son sempre as mesmas, desaparezan de todos os concellos desta provincia, de Galicia e de todo o Estado. Se queremos saír deste burato no que nos atopamos e no que eles nos meteron e se queremos rexenerar a vida política neste país, temos que asegurarnos de que imos contar nos concellos con gobernos fortes, responsables e con sentido común. Outro xeito de gobernar é posible, xa o está a demostrar Feijoo na Xunta, transmitir esa idea ten que ser o noso obxectivo”, apuntillou.
Barreiro tamén ensalzou a valentía dos homes e mulleres que “deron un paso ó fronte” para “dende a responsabilidade e o compromiso” que supón formar parte dunha candidatura, queren, “con ilusión e traballo”, loitar polo futuro dos seus pobos.
O presidente provincial dos populares quixo así agradecer a implicación das persoas que conforman as listas electorais coas que o Partido Popular concurrirá ás vindeiras eleccións do mes de maio durante os actos de presentación oficial desenvolvimos hoxe en Foz e Ribadeo. “Nuns momentos compricados, ademais, nos que as circunstancias económicas obrigarannos a seguir aprentando moito o cinto e a adoptar decisións difíciles”, dixo, “a súa determinación é, se cabe, aínda máis meritoria”.
Precisamente por esa “determinación” foi polo que José Manuel Barreiro amosouse confiado en que os respectivos equipos que capitanean Javier Jorge e Manuel Valín “serán capaces de campear o temporal con éxito e en beneficio dos veciños”.
Ademais do presidente provincial, á presentación das respectivas listas electorais asistiron, entre outros cargos orgánicos e electos do partido, o secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro, así como, no caso de Foz, Rosa Quintana e Pablo Fernández; e Samuel Juárez, no acto desenvolvido a primeira hora da noite de hoxe en Ribadeo.
Candidatura Foz
Javier Jorge Castiñeira
Manuel Pavón López
Mercedes González Alonso
María Teresa López Rego
Pedro José Fernández Manín
José Luis Sánchez García
José Angel Paleo Soto
Dolores Teijeira Fernández
Miriam Iglesias Rodríguez
José María Basanta Morán
María Helena Estoa Díaz
Balbino López Candia
Roberto Fernández Pena
Simón Insua Río
Rebeca Neira Fernández
Verísima Eiroá Couto
Candidatura Ribadeo
Manuel Valín Valdés
Manuel Yañez Dablanca
Azucena González Loredo
Mª del Campo López-Braña Freije
Begoña Sanjurjo Santar
Jesús López Penabad
Ana María Docobo Fernández
Ramón Rodríguez Santar
María José Duarte Fanjul
Ana María García Díaz
Joaquín Sanjulián Díaz
Elisa Rodríguez Sanjurjo
Baldomero Castro Prieto
María Dolores Tojo García
José María Suárez García
Avelino Fernández Mon
Mª Concepción Vilabrille Bravo



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



