Nota de prensa:
Acordos da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, do 7 de abril de 2011
Aprobación por unanimidade con modificacións (transaccionando as emendas dos outros dous grupos):
– 08/PNC-0926 (34351)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rego González, Ismael
Sobre a realización, en colaboración cos concellos da Mariña luguesa, dun estudo da viabilidade de implantación do transporte público de viaxeiros comarcal. BOPG núm. 239, do 27.05.2010
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que, en paralelo cos avances na implantación do transporte metropolitano de Galicia no conxunto das sete grandes cidades galegas, proceda a estudar a viabilidade da implantación de servizos de transporte públicos comarcais en colaboración cos concellos e que inclúa, de forma prioritaria, a área da Mariña luguesa, compatibilizando o transporte de viaxeiros por estrada e ferrocarril, potenciando de xeito especial este último.”
Proposicións non de lei ante a Comisión 751,1477
Aprobación sen modificacións: (texto do Grupo Parlamentario Popular)
– 08/PNC-0751 (29925)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Gómez Alonso, Alejandro e 4 deputados máis
Sobre o impulso da posta en servizo da VAP da Costa da Morte entre Ferrol e Barreiros de acordo cos prazos previstos no Plan MOVE e a licitación das obras do treito San Cibrao – Barreiros no ano 2011 para a súa posta en servizo no ano 2015. BOPG núm. 210, do 14.04.2010
O texto aprobado é o seguinte: “O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a :
1.- Impulsar a posta en servizo da VAP da Costa Norte entre Ferrol e Barreiros de acordo cos prazos do Plan MOVE:
a)Variante de Ortigueira (AC-101-Espasante),ano 2011
b)Celeiro-San Cibrao, ano 2012
c)San Sadurniño-Campo do Hospital, ano 2013/2015
d)Viveiro Sur-Celeiro, ano 2014
e)E os treitos, Campo do Hospital-AC101, Espasante-Os Ramos, Os Ramos-Covas, Covas-Viveiro Sur, entre os anos 2015/2017
2.- Solicitar ao Ministerio de Fomento a licitación das obras do treito entre San Cibrao e Barreiros no ano 2011, para a súa posta en servizo no ano 2015.”
Aprobación sen modificacións: (texto do Grupo Parlamentario Popular apoiado polo BNG, e abstención do PSOE)
– 08/PNC-1477(56960)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel
Sobre o desenvolvemento dun plan estratéxico de reorganización integral das instalacións portuarias de Foz BOPG núm. 397, do 27.01.2011
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a desenvolver un plan estratéxico de reorganización integral das instalacións portuarias de Foz, no que se contemplen novos usos de interese social e económico e no que se compatibilice a histórica actividade pesqueira, con novas dotacións como a estación marítima náutica, espazos verdes, servizos turísticos e de lecer, así como espazos para albergar un centro de ocio, a casa da música e un aparcamento soterrado”





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



