Nota de prensa:
PORTOS DE GALICIA EXTRAERÁ 10.000 METROS CÚBICOS DE AREA DO ACCESO Á DÁRSENA DE FOZ AO LONGO DESTE MES
A dragaxe urxente foi solicitada polos usuarios do porto debido á situación de inoperatividade ocasionada pola falta de calado e pola situación da zona tras os desperfectos ocasionados polo temporal Becky
A Consellería do Mar deu conta esta mañá no Consello do Goberno galego da actuación de emerxencia que Portos de Galicia está a levar a cabo na dársena interior do porto de Foz. Trátase dunha dragaxe de area na bocana da dársena, para garantir o calado necesario para a navegación en condicións de seguridade das embarcacións, que ata agora sufrían risco de varado.
A dragaxe executarase durante as vindeiras catro semanas e suporá a extracción duns 10.000 metros cúbicos de area, que permitirán devolver á zona o calado necesario para facilitar o acceso das embarcacións. Os áridos serán transportados a Ortigueira, onde se empregarán na constitución dunha praia urbana, poñendo en valor o material natural.
Os traballos veñen motivados pola situación anómala derivada da perda paulatina de calado na zona, especialmente acrecentada polos temporais como o Becky e as condicións meteorolóxicas dos últimos meses, que deixaron en risco de inoperatividade os accesos á dársena. Portos de Galicia vén defendendo a necesidade dunha dragaxe total da zona, porén, e dada a situación actual, decidiuse executar esta actuación parcial, ante a imposibilidade de dragar a totalidade da zona afectada, debido á falta de autorización para un punto de vertedura do total dos residuos.
Na súa recente visita á zona, o presidente do ente público, José Manuel Álvarez- Campana, comprometeu a dragaxe urxente en resposta á solicitude dos usuarios do porto, a confraría e o club náutico. A actuación está orzada en 245.794 euros.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



