Nota de prensa
NEVES CANDO ACUSA AO CANDIDATO POPULAR DE ESTAS ENGANANDO AOS VECIÑOS DE BURELA COA SÚA PALABRERÍA E COA SÚA FRENÉTICA ACTIVIDADE DOS ÚLTIMOS TEMPOS. A EDIL NACIONALISTA DI QUE O BALANCE DE GONZÁLEZ BARCIA Á FRONTE DA ALCALDÍA FOI DE CERO PATATERO.
Burela, 13 de abril de 2011. A tenente de alcalde, Neves Cando, acusa ao candidato popular de estar enganando aos veciños e veciñas da vila coa súa palabrería e coa súa frenética actividade dos últimos tempos. Cando lembra que na época de alcalde de González Barcia, éste só levou a pleno dous asuntos interesantes: a suba do seu soldo e un estudo de viabilidade para construir un aparcadoiro soterrado na praza do Concello, que tivo un custe de 24.000 euros e que despois quedou en nada.
A edil nacionalista sinalou que “o PP de Burela na súa campaña electoralista, que só pretende manter a poltrona do seu candidato, fai unhas declaracións estes días nas que engana aos veciños e veciñas presentando un panorama que para nada se corresponde coa realidade, porque o PP de Burela non vive na realidade do pobo, estivo ausente durante casi catro anos e agora o seu candidato para xustificar o seu nulo traballo non para de facerse ver por todos cantos sitios hai”.
Neves Cando dixo que “falando de nulidade en canto ao traballo ese é o cualificativo que lle corresponde ao período da alcaldía do actual candidato do PP. A él gústalle moito falar de que os plenos actuais están baleiros, debe ser que non ten nada máis interesante que criticar. Hai que recordarlles aos veciños de Burela que nos dous anos que o señor González Barcia foi alcalde os dous asuntos máis interesantes que levou a pleno foron subirse o soldo tres meses despois de empezar, porque lle debía parecer pouco e encargar un estudo de viabilidade para construir un aparcamento soterrado na praza do Concello, que nos costou a todos máis de 24.000 euros e que despois quedou en nada porque ningunha empresa estivo interesada no tema”. A tenente de alcalde subliñou que “ese é o balance do señor González Barcia como alcalde, iso e deixar 30 millóns das antigas pesetas gastadas de máis e só seis meses do ano 2007, porque xa debía saber que ía perder as eleccións e tiraron a casa pola ventá”.
Torrentes
Cando considera que “o PP e o seu candidato non son quen de dar leccións a ninguén de cumprir promesas ou proxectos, porque si Torrentes se retrasou tanto foi porque fixeron as cousas mal e a xustiza así o recoñeceu, unha auténtica chapuza na aprobación do proxecto final que provocou unha sentenza contraria ao Concello. E qué fala o PP de parques empresariais e urbanismo se non foron capaces de facelo en 12 anos. O tan prometido parque empresarial de Cardoxe que dicían deixaran comprometido coa Deputación é só papel mollado, promesas de axudas que non aparecen por ningún lado e o plan xeral nunca o fixeron, pero agora nós no goberno municipal fomos capaces de presentar en só tres anos un primeiro documento á Xunta de Galicia que o está informando e imos sacar adiante Torrentes agora que xa está todo legalmente aprobado e correxidas todas as chapuzas dos outros”.
Plan E
A concelleira tamén se referiu ao plan E “que tanto traballo lle da que facer ao PP, cómo se nota que non están aquí na realidade do día a día, porque o seu candidato só ve as farolas, pero non ve o resto das actuacións que con eses cartos se fixeron, porque non se entera de nada. Aceras e alumeado na rúa Zeppelin, asfaltado de camiños, renovación de alumeado na zona da Marosa, dos Castros, da Casilla, da Vila do Medio, de Pascual Veiga, eliminación de barreiras arquitectónicas na Casa da Cultura, placas solares e fotovoltaicas para aforrar enerxía no campo da Marosa e no pavillón Vista Alegre, reposición da cuberta na Casa da Xuventude, eliminación de barreiras arquitectónicas en todas as rúas e outras actuacións que non se ven tanto, pero que tamén inflúen na calidade de vida dos nosos veciños como por exemplo o servizo de fisioterapia e ximnasia preventiva ou os talleres de memoria e envellecemento saudable para os nosos maiores”. Para Neves Cando “éstes son só algúns dos poucos exemplos do labor municipal nestes dous últimos anos, ogallá puidera dicir o mesmo o candidato do PP da súa época de alcalde. Chegou de rebote á alcaldía e a verdade é que o seu balance naquel momento foi de cero patatero e agora pretende enganar aos veciños de Burela coa súa palabrería e coa súa frenética actividade dos últimos tempos. A realidade do traballo feito durante estes catro anos de goberno municipal vése día a día e si o PP non o quere ver engánase e engana á xente”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



