Nota de prensa
Usuarios de pozos e traídas particulares terán que pagar polo consumo da auga.
A Xunta pretende subir a auga en Ourol entre un 70% e un 170%
O Bloque Nacionalista Galego vai celebrar unhas charlas informativas o vindeiro Sábado 16 de Abril no Concello de Ourol no que participara o Profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Compostela, Fernando de Abel onde explicaran aos veciños as consecuencias que vai ter a nova Lei de Augas aprobada polo Partido Popular nas economías das familias do Concello. O calendario e o horario das charlas correspondese co seguinte ás 12:00h no Telecentro de Xerdíz, ás 16:00h no Centro Social de Ourol , ás 18:00 no Centro Social de Merille no, ás 20:00h, no Centro Social de Bravos.
O Bloque Nacionalista Galego afirma que a nova Lei de Augas que vai significar un importante incremento no prezo da mesma para aqueles que se serven da traída pública e que obrigará a pagar a aqueloutras persoas até agora exentas do pago da mesma por servirse de traídas particulares.
Segundo os nacionalistas no caso das vivendas conectadas a rede pública sufrirán un incremento no recibo que oscilará entre o 170% e o 70%. Así unha vivenda cun consumo de 14 m3, no que residan 3 persoas, vai ver aumentada a factura da auga nun 68.90 Euros ao ano. No caso das vivendas que se serven de traídas comunais ou pozos particulares, exentas até agora do pago da auga, terán que pagar un mínimo de 1,5 Euros ao mes, máis unha porcentaxe polo total da auga consumida e instalar cos seus cartos un contador. Neste suposto o gasto medio por cada fogar vaise situar arredor de 90 Euros anuais ao que se lle debe sumar o costo da compra e da instalación do contador. A nova taxa da Xunta de Galiza tamén supón un importante aumento no prezo da auga para explotacións agrarias e negocios particulares que consuman máis de 2000m3 anuais, pasaran a pagar aproximadamente 1000 Euros ano. Na mesma liña as vivendas sen consumo de auga ou abandonadas terán que pagar 18 Euros ao ano.
O Bloque Nacionalista Galego considera gravemente inxusto este novo imposto, pon a túa disposición un servicio de asesoramento legal e convídate a unha charla informativa para que ten informes con exactitude dos contidos da mesma. Neste sentido os nacionalistas destacan os prexuízos que isto vai xerar en Ourol dado o importante número de casas abandonadas coa que conta, pero tamén porque se lle obriga a pagar a aquelas persoas que se serven de traídas particulares, traídas que foron construídas e son mantidas polos propios veciños. Na mesma liña queren destacar que no caso deste Concello a problemática aínda resulta máis grave posto que Ourol estaba excluída do pago do canon de saneamento, que agora substitúe o canon da auga, polo que lamentan que o PP que fai bandeira de alixeirar a carga fiscal das persoas agora proceda a criar un novo tributo, que afecta a todos os veciños por igual con independencia da renda, supostamente para financiar un servicio como é o saneamento do que carecen os veciños do Concello




















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



