Nota de prensa
O 14 DE MAIO TERÁ LUGAR EN BURELA O V ENCONTRO DE PALILLEIRAS QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN AS ENCAIXEIRAS. O EVENTO, QUE REUNIRÁ A 400 PROFESIONAIS, FOI PRESENTADO ESTA MAÑA NO CONCELLO.
Burela, 14 de abril de 2011. O 14 de maio terá lugar en Burela o V Encontro de Palilleiras que organiza a asociación As Encaixeiras coa colaboración da Deputación de Lugo e do Concello. O evento foi presentado esta mañá no salón de plenos polo alcalde.
A presidenta da asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras As Encaixeiras, Marisa Montes, contou que “esperamos recibir aproximadamente a unas 400 palilleiras, sobre todo de Galicia y Asturias, pero incluso de Almagro. La recepción será a las 11 de la mañana, después hasta las 13:30 habrá demostración de trabajos, pararemos para comer, ya a partir de las 16 horas haremos sorteos y demostraciones de los trabajos y acabaremos este quinto encuentro a las siete de la tarde”.
Haberá ademáis un programa complementario de actividades, segundo explicou Montes, “por la mañana se harán dos viajes al Monte Castelo y a Vila do Medio, se podrá visitar el barco museo Reina del Carmen. El objetivo de esta jornada será fomentar el encaje de bolillos”.
A presidenta de As Encaixeiras recoñeceu as dificultades para organizar un evento destas características, “es difícil y costoso, estamos siempre pidiendo ayudas a todos los estamentos posibles, la Diputación de Lugo nos está ayudando mucho, el Concello de Burela está colaborando extraordinariamente y también el sector hostelero de Burela y otros muchos negocios que se han volcado con nosotros”.
Marisa Montes anima a asistir ao V Encontro de Palilleiras, “que vengan desde la mañana porque merece la pena, hay unos trabajos preciosos y además tenemos la ilusión de continuar con este encuentro en años sucesivos. Merece la pena venir a vernos”.
Ao acto de presentación asistiron o alcalde, Alfredo Llano, e a tenente de alcalde, Neves Cando.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



