Nota de prensa:
O BNG ve vergonzosa a actuación de Portos en Foz
Basanta afirma que “as lanchas en Foz pagan sen ter servizos”
Foz a 14 de abril de 2011.- O BNG de Foz critica a actuación de Portos no caso da suba de tarifas e ve vergonzosa a resposta do organismo da Xunta diante dos roubos que se producen moi habitualmente no porto de Foz.
Basanta afirma que se Portos sube as tarifas debe prestar os mesmos servizos que hai noutros portos da Mariña e de Galiza. É inxusto que se cobra o mesmo nuns atraques que nin teñen calado para pasar as embarcacións, nin teñen servizo de grúa por levar meses avariada e sen amañar nin polo que se ve servizo de vixilancia aínda que si hai cámaras. Falando disto é bastante ridícula a contestación de Portos diante dos roubos que se produciron durante estes días nalgunhas lanchas que teñen o seu atraque nalgúns dos muelles de Foz excusando a circunstancia porque as cámaras gravan pero están de proba e non saben se servirán para denunciar os roubos. En fin que hai cámaras como se non as houbera.
O BNG cre polo tanto que diante desta situación de todo esperpéntica, Portos debe reconsiderar a decisión de subir o dobre as tarifas portuarias en Foz porque non ten o porto de Foz os mesmos servizos que se dan noutros portos e polo tanto non se pode pagar o mesmo.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



