Nota de prensa:
O Alcalde, José Mª García Rivera, e a concelleira de Deportes, Rosa Alonso, entregaron trofeos e golosinas ao equipo alevín da AD Santiago de Foz por proclamarse campións provinciais este fin de semana pasado. Este feito produciuse á saída da entrevista realizada en Radio Foz, emisora de radio municipal, onde os rapaces compartiron cos oíntes as súas impresións. Este pequeno acto foi unha sorpresa para eles, xa que dada a súa idade non desexábamos que fose unha recepción solemne. Os 12 rapaces/zas terán un recordo por parte do Concello do seu triunfo.





















A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.
