Nota de prensa:
O GPPP avoga pola optimización da execución orzamentaria da Deputación
Con este obxectivo, levarán mañá ó pleno unha moción na que propoñen a elaboración dun plan de seguemento encamiñado a elevar o grao de cumprimento presupuestario e, consecuentemente, a eficacia da propia administración provincial sobre todo no que atinxe a investimentos productivos.
Os populares defenderán tamén outra iniciativa para que o goberno central cumpra os compromisos adquiridos cos productores fotovoltaicos no senso de suavizar as medidas retroactivas que pretende aplicar sobre á retribución que perciben polas instalacións solares
Lugo, a 25 de abril de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular levará ó pleno que se celebrará mañá unha moción na que insta á Deputación a elaborar un plan de seguemento e optimización da execución orzamentaria, co fin de supervisar o gasto da institución provincial e elevar o grao de execución dos investimentos reais.
Os populares entenden que a “eficacia” dunha administración pódese medir polos seus niveis de execución do orzamento, especialmente no que atinxe ós apartados de inversións reais e transferencias de capital. E é a través da execución eficiente do presuposto como unha administración pública pode colaborar na tarefa de reactivación da actividade económica ó tempo que colabora na xeración de emprego.
Nembargantes, lembran dende o GPPP, a execución do orzamento da Deputación de Lugo nos últimos tres anos foi moi deficiente. No 2008 foi do 46,7%, no 2009 foi do 54,94% e no 2010 quedou nun 46,9%. Cifras que aínda resultan peores se se circunscribe á execución do gasto productivo, pois nos capítulos de inversións reais e de transferencias de capital a institución provincial só executou de media un tercio das partidas previstas.
Os populares consideran que é imprescindible mellorar os niveis de execución do presuposto para que a Deputación se poida convertir nun elemento dinamizador da economía lucense.
O GPPP tamén levará ó pleno outra iniciativa coa que pretende que a administración provincial inste ó goberno central a eliminar da regulación sobre ó sector fotovoltaico as medidas que incrementen a inseguridade xurídica, tales como os recortes retroactivos previstos á retribución das instalacións solares ou, no seu defecto, adoptar as modificacións desas medidas retroactivas nos termos nos que se comprometeu o ministro de Industria o pasado 10 de marzo.
Explicitan os populares que as medidas adoptadas polo goberno en relación co sector fotovoltaico no Real Decreto-lei 14/2010 establecen, entre outros elementos, fortes recortes retroactivos á retribución das instalacións solares existentes. Tales medidas conlevan gran inseguridade xurídica e un caos regulatorio que, para os populares, provocará un alto dano económico e un duro golpe á viabilidade de numerosas instalacións, afectando especialmente ós pequenos productores.
Salientan dende o GPPP que na provincia de Lugo hai máis de dúas mil familias afectadas por estas medidas do goberno e que o pasado 10 de marzo o ministro de Industria comprometeuse cos representantes do sector a adoptar unha serie de medidas para suavizar eses recortes retroactivos. Sen embargo, a día de hoxe, o Ministerio aínda non cumpríu o seu compromiso.



















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



