Nota de prensa:
ADEGA .- 25 de abril, 25 cabodano de Chernobil. Comunicado da Plataforma Antinuclear Estatal: A enerxía nuclear é incompatibel cun modelo enerxético ambientalmente sustentábel. Non e economicamente eficiente e non é socialmente xusta. Nen segura, nen limpa, nen barata. A energía nuclear xa demostrou ser un fracaso económico, tecnolóxico, ambiental e social, causando graves problemas á saude pública e ao medio: accidentes nucleares (tan graves como os de Chernobil e Fukushima), xeración de refugallos radiactivos imposíbeis de eliminar e especial contribución á proliferación das armas atómicas. O movemento antinuclear estatal solidarízase co pobo xaponés perante a traxedia que está a viver e esixe un calendario de peche urxente das centrais nucleares comezando por Garoña, amáis da retirada do actual proceso de selección do emplazamento do ATC, Almacén Temporal Centralizado, coa apertura dun verdadeiro proceso democrático de participación pública.
A enerxía nuclear é moi perigosa. A traxedia de Chernobil amosa a súa capacidade de xerar catástrofes. A radiactividade liberada naquel desastre viaxou milleiros de kilómetros, traspasando todo tipo de fronteiras e cobrándose ducias de milleiros de vítimas mortais, amais de deixar un regueiro de personas afectadas cuxa cifra, 25 anos despois, segue medrando. O accidente de Fukushima, malia á presión mediática do “lobby” nuclear, que intentou agochalo dende o primeiro momento, está afectando a centos de milleiros de personas. Os territorios evacuados permanecerán baleiros durante moitos anos. Os custos, xa superiores aos de Chernóbil, non serán asumidos pola empresa eléctrica explotadora e recaerán sobre o tesouro público. Estamos vivindo unha traxedia de dimensións descomunais, á que non se ve fin e sobre a que cada día agroman máis datos estarrecedores.
A energía nuclear é moi suxa. As centrais nucleares xeran refugallos radiactivos cuxa peligrosidade permanece ducias de milleiros de anos e cuxa xestión, tratamento e/ou eliminación son cuestións ainda non resoltas. A industria nuclear non foi quen de atopar unha solución técnica satisfactoria e segura para o grave problema dos refugallos.
A enerxía nuclear é moi cara. Precisa fortes subsidios estatais de xeito continuo para poder existir, non paga o custo real da responsabilidade civil en caso de accidente (máximo 1200 millóns de € por lei en España, cando Fukushima xa custa 30.000 milóns de €), é un obstáculo ás enerxías renovábeis e aumenta o custo do recibo da luz.
A inmensa maioría da población do estado rexeita a enerxía nuclear. A viabilidade técnica e económica dun sistema de xeración eléctrica baseada ao 100% en enerxías renovábeis é un feito comprobado e xera 5 veces máis emprego que a nuclear por cada unidade de enerxía producida.
É O MOMENTO de abandonar a enerxía nuclear. É exclusivamente unha cuestión de vontade política pois non hai ningún problema técnico, enerxético ou económico que o impida. É o máis desexábel dende o punto de vista da seguridade e da protección do ambiente e a saúde. Sen nucleares teremos un mundo máis san, máis limpo e máis seguro.






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



