NOTA DE PRENSA:
O CONCELLO PON EN MARCHA O “CONCURSO LETRAS GALEGAS 2011”
O Concello de Xove pon en marcha un ano máis o CONCURSO LETRAS GALEGAS 2011. Con motivo da celebración do DIA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano ao poeta LOIS PEREIRO, a Biblioteca Municipal de Xove convoca dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende preescolar de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.
BASES DO CONCURSO
CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso poderán optar libremente por:
-Realizar poesía: poemas de medida e tema libres.
-Escribir un relato ou conto: de tema libre.
-Facer unha redacción: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de LOIS PEREIRO..
No Concurso Literario poderán participar nenos/as a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO, ambos incluidos. Lóxicamente, os nenos/as de preescolar de 3, 4 e 5 anos están excluidos deste Concurso por razóns obvias.
CONCURSO DE ARTES PLÁSTICAS: Neste caso, os participantes poderán optar libremente por:
-Realizar un debuxo: de tema e composición libres.
-Realización dun cómic: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de LOIS PEREIRO.
As técnicas a empregar tanto en debuxo como en cómic, quedan á elección do autor, podendo empeñarse mesmo o “collage”.
-Lóxicamente, e non podería ser doutra maneira tratándose dun Concurso adicado ás Letras Galegas, o idioma empregado en tódolos traballos presentados será obrigatoriamenente o galego.
-Os traballos deberán presentarse en folios, tamaño A4, por unha soa cara, figurando na parte posterior dos mesmos, ousexa, na cara que queda en branco, o nome e apelidos, idade, curso e colexio ou instituto do participante.
-En calquer dos dous concursos, cada traballo que se presente non poderá ocupar máis de dous folios por unha soa cara. En ningún caso se poderá realizar o traballo (poesía, redacción, debuxo, cómic, etc.) polas dúas caras dun mesmo folio.
-Calquer participante poderá participar nas modalidades que desexe, ousexa, poderá presentar máis dun traballo, podendo participar, por poñer exemplo, cunha poesía, cunha redacción, cun debuxo e cun cómic. Non hai límite, xa que o que a organización pretende é que se realice o maior número de traballos posible.
– A recepción dos traballos, que haberá que entregar obligatoriamente na Biblioteca Municipal de Xove, rematará o VENRES 6 DE MAIO ÁS 20:30 HORAS.
-Os cursos participantes neste Concurso, son: 3 anos, 4 anos, 5 anos, 1º de Primaria, 2º de Primaria, 3º de Primaria, 4º de Primaria, 5º de Primaria, 6º de Primaria, 1º de ESO, 2º de ESO, 3º de ESO e 4º de ESO. A Organización otorgará tres premios (un primeiro, un segundo e un terceiro) por curso para cada un dos Concursos; polo tanto, para cada curso haberá 6 premios (3 para o Concurso Literario e 3 para o de Artes Plásticas), agás para os de preescolar (nenos/as de 3, 4 e 5 anos), que terán 3 premios por curso, dado que só poden participar no Concurso de Artes Plásticas.
O fallo do Xurado será dado a coñecer oportunamente para que os premiados poidan acudir á entrega dos premios, os cales consistirán en DIPLOMA ACREDITATIVO e un LOTE DE LIBROS/MATERIAL ESCOLAR. A entrega de premios terá lugar no Salón de Actos do Centro Cívico no dia e hora que a Organización decida, tendo esta que comunicalo coa suficiente antelación.






















O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.



