Nota de prensa:
O noso xeito de traballar por Ribadeo
DESENVOLVEMENTO LOCAL, COMERCIO E TURISMO
Apoio á:
Instalación de novas empresas no Polígono Industrial
Proxectos empresariais de autoemprego e microempresas
Creación e consolidación de emprego a través de bonificacións en taxas e impostos
Consolidación de Ribadeo como Centro Comercial Comarcal:
Construción dun espazo multiusos de coordinación de eventos feirais
Respaldo institucional ó comercio local e ó CCA
Mellora das instalacións do Mercado de Abastos
Elaboración e execución dun Plano Estratéxico de Desenvolvemento Turístico:
Constitución dun ente público-privado para a súa xestión
Aposta pola desestacionalización do turismo: Turismo de Congresos e Eventos
Desenvolvemento de Plans de Comunicación e Fidelización
Creación dun arquivo fotográfico e inventario de recursos
Aproveitamento turístico dos locais das redeiras de Porcillán
Posta en marcha, promoción e comercialización de paquetes turísticos
Dotación dun punto de información turístico no Camiño do Norte
Praias:
Plan de protección, conservación e limpeza
Restauración e recuperación dos accesos tradicionais
Punto de Información permanente na Praia de As Catedrais
Creación dun aparcadoiro para caravanas
Iluminación artística de edificios singulares
Apoio a eventos gastronómicos
Creación de novas rutas de sendeirismo e mantemento das existentes
MEDIO RURAL
Posta en marcha do Plan de Saneamentos no Rural
Atención especial ás pistas e camiños rurais :
Adscrición da Brigada de obras
Mantemento permanente
Programa progresivo de aplicación de aglomerado asfáltico en quente
Mellora da iluminación
Escolas Rurais:
Remate das rehabilitacións
Mellora do equipamento
Dinamización dos Telecentros
Remate do Plan Municipal de mellora de accesos ás vivendas
Dotación de espazos de aparcamento nos cemiteiros da zona rural
Recuperación de fontes públicas
Medidas de loita contra os incendios forestais:
Apertura e mantenemento de camiños e franxas cortalumes
Dotación de puntos de abastecemento de auga
Apoio á:
Agricultura ecolóxica
Feira da Horta e Mercado dos Domingos


















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



