Nota de prensa
O SÁBADO DA COMEZO A SEXTA EDICIÓN DO RIBADEO DE TAPEO NO QUE PARTICIPARÁN 54 BARES, MESÓNS E RESTAURANTES. ESTE ANO HABERÁ ANIMACIÓN TABERNEIRA, CONCURSOS E O CICLO O MUNDO DO LATTE ART.
Ribadeo, 28 de abril de 2011. O sábado da comezo a sexta edición do Ribadeo de tapeo no que participarán 54 bares, mesóns e restaurantes. Este ano haberá animación taberneira, cine e monólogo gastronómico, concursos, degustacións e o ciclo O mundo do latte art.
O alcalde, Fernando Suárez, definiu o Ribadeo de tapeo como unha das mellores iniciativas que se puxeron en marcha en Galicia, “que vimos celebrando con notable éxito de participación, tanto de público como de locais. Este ano batimos récords dado que hai 54 establecementos anotados nesta convocatoria para poder ofrecer as mellores tapas, a mellor cultura gastronómica da cociña en minuatura da man dos nosos profesionais da restauración e da hostelería, que os temos tanto na vila como nas parroquias”.
O rexedor lembrou que “levamos xa seis anos organizando este importante evento para dinamizar a economía local do sector da hostelería sobre todo nalqueles momentos baixos. Agora non é semana santa, non chegou o verán, non hai turistas, pero queremos que siga vindo a xente da Mariña luguesa e do Occidente asturiano a degustar algunhas das últimas tapas que se van elaborar. E que veñan tamén a ver e disfrutar dalgunas das múltiples actividades paralelas que se van desenvolver ao longo dos vindeiros días”.
Suárez Barcia subliñou que “haberá premios, coma outros anos, á mellor tapa, haberá o premio do público e tamén o larpeiro de ouro que creamos no 2010, relativo a aquelas persoas que teñan a capacidade de probar a totalidade das tapas. O xurado fará unha preselección das tapas finalistas para o concurso de tapas, que non darán a coñecer para non molestar aos participantes. E despois decidiránse os gañadores. E o público tamén ofrecerá a súa elección coas votacións nas urnas a través dos cartóns que terá que cubrir nos establecementos participantes”.
O alcalde engadiu que “editamos 4.000 libriños dando a coñecer, os locais, os horarios, o tipo de tapa coa foto de cada unha para poder apreciala antes de degustala. Cada ano queremos actualizar e mellorar todo este traballo que está a ser copiado en moitos Concellos e en moitas cidades incluso, que veñen aquí a Ribadeo a pregutarnos cómo estamos a elaborar esta iniciativa que tantísima xente move e que da un rendemento económico importante, a pesares de que tamén ten un coste público que podo cifrar nuns 10.000 euros, que na maior parte nos sufraga a Deputación Provincial a través da súa Área de Turismo”.
O Ribadeo de tapeo comeza o 30 de abril e remata o 8 de maio
SOBREMESAS DO TAPEO
ANIMACIÓN TABERNEIRA
A cargo do cuarteto tradicional “Illa Pancha”
Domingo 1 de maio , á mañá .
Mércores 4 de maio, á tarde
CINE GASTRONÓMICO
“18 comidas” unha película de Jorge Coira, con Luis Tosar. Xoves 5 de maio ás 20:15h no Cine Teatro.
MONOLÓGO GASTRONÓMICO
Cándido Pazó: “Comer e contar todo é empezar”. Domingo 8 maio ás 20:30h no Cine Teatro.
CONCURSOS
1º concurso de microrrelatos gastrónomicos. Organizado polo establecemento El Tranvía. Bases no local ou no blog www.blogspot.eltranviaderibadeo.com. Celebrarase durante o Ribadeo de Tapeo.
2ndo concurso de fotografía gastronómica Organizado polo bar Kursal. Bases no local ou www.salakursal.com. Celebrárase no Ribadeo de Tapeo.
DEGUSTACIÓNS E OUTRAS CITAS ESPECIAIS
Cata de queixos. Sábado 7 ás 13:00 h, en El Tranvia.
Cea ás cegas. O establecemento El Tranvía ofrece unha proposta gastronómica que cun menú ideal para espertar todos os sentidos…. excepto a vista… + información e reservas en El Tranvía.
Mercadiño de vinilos e cd´s (con degustación de viño), os fins de semana ao mediodía, en El Tranvía.
Concerto a cargo do cantautor “Ricardo Parada”. Mércores 3 , ás 22:00 h na Pizzbur.
Concerto de “La Ley de Hooke” o xoves 4 ás 21h ,e a continuación a actuación de “ Dous monologuistas indecentes”, na Pizzbur.
Degustación de churrasco e destape de botella de Rioja Envite. Venres 6 de maio a partir das 20:00h no mesón A Baixada.
Ciclo “O MUNDO DO LATTE ART
Demostracións de baristas a cargo da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo
Sábado 30 de abril, ás 18:00 h no restaurante LA SOLANA: Introdución ao mundo do café e demostración a cargo do xuíz barista Hugo López da cafetería Xoyma de Foz.
Venres 6 de maio, ás 18:00 no restaurante O LAR DE MANOLO: Exhibición de latte art por xentileza da campioa de España 2010 de Cata de cafés e campioa galega de Baristas 2008, Sofía Prieto. 18:00h
Sábado 7 de maio ás 18:00, no restaurante LA BOTELLERÍA: Demostración de Coctelería con café e latte art da man do campión galego 2009 de Baristas, Víctor Couto, clasificado durante tres anos consecutivos entre os 10 mellores no Campionato de España de Baristas.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



