Nota de prensa
O VINDEIRO LUNS ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE VERÁN QUE ORGANIZA O CONCELLO PARA OS NENOS NADOS ENTRE OS ANOS 1997 E 2003.
Ribadeo, 6 de maio de 2011. O vindeiro luns 9 de maio ábrese o prazo de inscrición para participar nas escolas deportivas de verán que organiza o Concello de Ribadeo para os rapaces nados entre 1997 e 2003, segundo ven de información a Delegación Municipal de Deportes.
Neste 2011 haberá pesca deportiva , vela, surf, kite surf e piragüismo. O prazo de matrícula estará aberto ata o inicio da escola ou fin de prazas. Segundo apuntan desde o Concello “en todas as escolas con límite de prazas teñen preferencia os rapaces empadroados en Ribadeo. O pagamento da taxa (32,66 euros cota total) deberá facerse efectivo na conta corrente do Concello no Banco Gallego antes do comezo da escola. O resgardo debidamente cumprimentado será entregado na oficina de información xuvenil (OMIX). A falta do ingreso implicará a baixa na/s escola/s”.
A escola de pesca de deportiva desenvolveráse no mes de xullo do 4 ao 30, os luns, mércores e sábados en horario de 10 a 14 horas. Para esta actividade hai 15 prazas. A escola de vela será do 14 de maio ao 23 de xullo os sábados de 10 a 14 horas ou de 16 a 20 horas. Para esta actividade tamén hai 15 prazas. A escola de surf en xuño será os martes, mércores e xoves e en xullo os días 1, 4, 5, 6, 7 e 8 de 16 a 18 horas. Neste caso hai 20 prazas ao igual que para escola de piragüismo que se desenvolverá en xullo e agosto os luns e mércores de 16:30 a 19 horas.
Os interesados poden obter máis información achegándose á oficina da OMIX no auditorio municipal ou chamando ao 982 120 808.





















Estivo arroupado nun salón de actos repleto de xente.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.



