RIBADEO .- A carreira de San Silvestre que un ano máis organiza o Concello de Ribadeo presenta segundo o edil responsable de Deportes, Vicente Castro “unha serie de modificacións no percorrido que discorrerá practicamente polo casco urbano de Ribadeo. Isto traerá consigo pequenas complicacións e aproveito a ocasión para solicitar a colaboración dos veciños e dos condutores porque algunha vía poderá estar cortada ao tráfico por espazo dun cuarto de hora”.
Ás 16:45 horas sairá a San Silvestre infantil dirixida a rapaces de ata 12 anos. Esta proba terá por escenario as rúas peonís de Ribadeo. A saída será desde o parque para pasar por diante do Concello, Villafranca del Bierzo, Rodríguez Murias, Ramón González, Doutor Moreda, Reinante, Villafranca del Bierzo e rematará diante da Casa do Concello. O percorrido é de 1.150 metros.
E ás 17:00 horas partirá a San Silvestre para os sénior e adultos desde o parque para pasar por Clemente Martínez Pasarón, Avenida de Asturias, Avenida de Galiza, Virxe do Camiño, San Roque, Rosalía de Castro, Vilaselán, Faro, Capela de San Miguel, Calvo-Sotelo para desembocar de novo na zona coñecida coma as Catro Calles e seguir por Rodríguez Murias, Ramón González, Reinante, Villafranca del Bierzo e remate diante do Concello. En total preto de 5.000 metros de percorrido.
O concelleiro de Deportes, Vicente Castro, agarda “ocasionar as menores molestias posibles porque ademais a carreira comeza a unha hora trempaneira. Xa digo, como máximo algunhas vías coma Avenida de Galiza, Virxe do Camiño e San Roque poden estar cortadas uns 15 minutos coma máximo, pero a medida que avance a carreira as rúas irán quedando abertas á circulación”. Castro convida “aos ribadenses a participar nesta festa do deporte de fin de ano, pido desculpas polas dificultades que se poidan ocasionar e aproveito para desexarlles unhas boas festas e un 2009 o máis próspero posible”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



