Sobran concellos, concelleiros e alcaldes
Xa que estamos no tempo do voto, de elixir a quen o faga menos mal nos próximos 4 anos a fronte da na nosa vila, quero saír pola tanxente e proclamar a voz en grito que “Sobran concellos, concellais e alcaldes nesta terra donde vivimos.
Caeu nas miñas mans un informe do “Círculo de Empresarios”en col das administracións territoriais, na que recolle propostas para a mellora da eficiencia e da unidade de mercado, onde unha das recomendacións máis sorprendentes pola súa valentía é a redución de concellos. A proposta resulta moi interesante para a nosa comunidade autónoma, pois se o citado estudo denuncia que España conta con 8.077 municipios, dos que só o 10% supera os 10.000 habitantes, recórdovos que por aquí temos moitos concellos que si os censos foran reais non chegan a 2.000 habitantes, , cunha poboación moi envellecida, o que dispara os custos dos servizos sociais.
O gran número de municipios e o pequeno tamaño dunha gran maioría dos mesmos xeneran ineficiencias polo excesivo gasto que require o mantemento de burocracias innecesarias. “Burocracias que, a pesar dunha proximidade total, non van acompañadas da prestación dun mellor servizo aos cidadáns, en especial naqueles servizos para cuia provisión existen importantes economías de escala e que terminan atendéndose cun maior custo per cápita que o que se daría no caso de municipios maiores ou de poboacións articuladas con adecuados mecanismos de coordinación ou cooperación, como consorcios ou mancomunidades”.
Pódese reducir o elevado número de consistorios? Pois se hai vontade, si; xa que como recorda o Círculo de Empresarios, en 2007 Dinamarca recortou o número de municipios de 271 a 98; Suecia pasou de ter 2.281 consistorios a 278 no período 1950-1974; e en 2010 a intervida Grecia viuse obrigada a diminuír o seu número de concellos de 1.034 a 355.
Outra gaita que tamén sona desafinada e o das Deputacións provinciais,
O citado traballo tamén cuestiona o papel das Deputacións provinciais, xa que en España hai 41 (catro en Galicia). Estes entes locais de carácter intermedio quedaron, na maioría de casos, relegados polo imparable avance das comunidades autónomas e o auxe das cidades máis importantes, o que os converte, en non poucas ocasións e ámbitos, en administracións redundantes e moitas das veces caciquiles. Este nivel político-administrativo intermedio entre as comunidades autónomas e os municipios simplemente engade unha complexidade innecesaria, que só alimenta o gasto, a confusión competencial e a ineficiencia. É, ademais, un nivel da administración que, a diferenza dos concellos, conta con escaso respaldo social, pois se percibe como afastado da realidade e as necesidades do cidadán de a pe.
Habería, pois, que estudar a racionalidade económica e a viabilidade legal da eliminación de Deputacións provinciais e equivalentes insulares con vistas á súa supresión… podería cederse as competencias das deputacións cara a esas administracións” (concellos e comunidades autónomas).
Por último recórdovos de cara á votación do 22 que a ineficiencia non é gratis, pagámola dos nosos petos.
Otero Regal

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



