Nota de prensa
O CONCELLO DE CERVO REALIZA O ENTRONQUE DO SANEAMENTO NO LUGAR DO TELLADO, EN ESPIÑEIRIDO
Estes traballos dilatáronse no tempo polos atrancos dun propietario coa conivencia da oposición, que motivaron que o Concello tivese que cambiar o trazado orixinal da rede de sumidoiros e iniciar un expediente de expropiación para poder levar adiante o entronque a estas vivendas
Cervo, 10 de maio de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, anunciou que esta semana estanse desenvolvendo os traballos de conexión á rede de saneamento xeral do grupo de vivendas situadas no lugar do Tellado, no burgo de Espiñeirido. Segundo indicou o alcalde, estes traballos víronse dilatados respecto ó resto de obras de saneamento neste núcleo de poboación debido aos problemas postos por un propietario “coa axuda dos grupos da oposición” que motivaron que o Concello tivese que cambiar o trazado orixinal da rede de sumidoiros e iniciar un expediente de expropiación para poder levar adiante o entronque a estas vivendas.
Atrancos coa conivencia da oposición
O alcalde cervense lembrou que orixinalmente o Concello pensara en facer a conexión do saneamento a estas vivendas a través dun camiño considerado de carácter público polo Concello “e tamén por máis do 95% dos veciños de Espiñerido”, pero a oposición do propietario dunha finca “alentado pola oposición” que consideraba que a rede de tubaxes invadían os seu terreo derivou en que a titularidade do camiño teña que decidirse nos tribunais. “Este é un asunto que aínda teremos que solucionar pola vía xudicial, pero nosoutros, desde o Concello, seguimos mantendo que o camiño é público porque o 95% dos veciños de Espiñeirido, que son os coñecedores da zona, así o din” recalcou o alcalde, quen puntualizou que mentres non chega esa resolución, o Concello tivo que buscar un trazado alternativo para solucionar o problema desas vivendas e poder así entroncar o saneamento. “Para elo, tivemos que ir a un expediente de expropiación que foi aprobado polo Consello da Xunta e as obras discorren por uns terreos de tódolos cervenses” sinalou o alcalde.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



