O hospital: das tebras da noite ao resplandor do día
*
Co remate do franquismo, e a chegada da democracia, abríanse as portas da ilusión ante o que significaría unha nova era para aquelas xeracións que até daquela, como a deste cronista, que viñera ó mundo baixo os estoupidos da guerra civil, non coñeceran mais reximen político que o da dictadura franquista, É certo que esa euforia colectiva non permitía a consciencia dos atrancos que tan ilusionante e desexado cambeo traería consigo; eses xa irían aparecendo e se afrontarían no seu momento; pero, evidentemente, como é sabido, tal metamorfose permitíu que, con tódalas imperfeccións que mais de trinta anos despois aínda non se arranxaron, aquel feito significou pasar das catacumbas ao mundo da luz e da civilización. Digamos, a modo de síntesis, que daquela na nosa bisbarra producíanse tres noticias de excepcional importancia, aínda que unha resultou frustrante: eran a instalación de Alúmina-Aluminio e a dotación dun Hospital Comarcal. Dos efectos da primeira, ben coñecidos, nada vamos a decir, pero sí do centro hospitalario que permitíu que os mariñáns, no referido á atención sanitaria, pasásemos, como decimos, da noite das tebras á claridade do día, e nos situase no vieiro do futuro; un devir entón próximo, do que levamos moitos anos sendo beneficiarios. A frustración, coa que aínda hoxe cargamos, refírese ás infraestructuras viarias. Cando o goberno central traspasou as competencias sobre estradas á Xunta, reservouse un tramo importante na Mariña, en base á transcendencia da mesma, ó ubicarse aquí a planta de Alúmina-Aluminio. Tal anuncio, a moitos inxénuos mariñaos, fíxonos pensar que os gobernantes estatais, conscentes da carencia absoluta de estradas mínimamente aptas, que mesmo provocaron emborcamentos de trailers que conducían maquinaria para as obras da factoría, non terían labor de mais presa que a de dotar a comarca das imprescindibles vías que permitiran o tráfico, fluído e seguro, ó servicio, sobre todo, do que os propios gobernantes consideraban tan importante, que fixo que os mesmos non cederan o seu dominio ó goberno autonómico. Unha carencia que, precisamente, afecta moi directamente ó desenvolvemento do Hospital, porque, ó parecer, unha das causas primeiras da dificultade déste para atopar profesionais que se apresten a desempeñar o labor nél, e mesmo fixar aquí a residencia, é precisamente o noso illamento: é decir, as pésimas vías de comunicación que os políticos negáronse, e néganse, a solventar, porque hai só uns días non saíamos do noso asombro cando líamos decraracións polas que se aseguraba que tales obras non eran urxentes e que, polo tanto, se pospoñían.¡Incrible! Esta actitude é toda unha escandalosa constatación da demagoxia, do cinismo e da mentira que preside a actuación dos políticos: dos implicados, naturalmente, que, en tantos anos, xa levan sido todos.
O hospital da Costa, pola contra, é un servicio do que nos sentimos orgullosos: das súas instalacións, das atencións do seu persoal, do funcionamento en xeral. Naturalmente este cronista non vai a cometer a ousadía de xulgar cuestións de tipo técnico ou profesional, sencillamente porque é un perfecto lego na materia. Sen dúbida, algo tan complexo como é, en mil aspectos, un servicio destas características, esixe un seguimento exhaustivo e puntual das diversas facetas que inciden no mesmo e estamos seguros que os responsables, dende a súa ética persoal e profesional, farán en todo momento o esforzo preciso para que o hospital nunca deixe de ser símbolo, e abandeirado, da razón de ser da nosa mellor calidade de vida. Moitas grazas a cantos dedican os seus esforzos para que así sexa, e que celebren con felicidade e ilusión a efeméride dos seus 25 anos de vida.
* Suso Fernández – Cronista Oficial e Fillo Predilecto de Foz



















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



