Nota de prensa:
Uns 160 mozos de NNXX da provincia forman parte das candidaturas municipais do día 22
A nivel autonómico son máis de 900 os afiliados da agrupación que se incorporan as listas locais
A agrupación política rexional deseñou un programa marco con iniciativas vinculadas ao favorecemento xuvenil como son o fomento do asociacionismo, o reforzo de becas ou o impulso do emprego
Ribadeo, 11 de maio de 2011.- As listas presentadas polos distintas candidatos ás alcaldías nos concellos lucenses están integradas por máis de 160 mozos de Novas Xeracións. A nivel rexional, son máis de 900 os afiliados á agrupación política do PP que forman parte das listas locais. Os datos foron presentados esta mañá en Ribadeo polo presidente provincial de NN.XX, Daniel Vega, quen estivo acompañado pola presidenta nacional, Beatriz Jurado; o secretario rexional, Juan Francisco López Prieto; e o presidente local de NN.XX de Ribadeo, Jacobo Río.
En representación do Partido Popular da localidade, estiveron respaldando aos mozos populares, o candidato á alcaldía, Manuel Valín; e o presidente do PP local, José Carlos Rodríguez Andina. Dende Asturias tamén se desprazou o presidente autonómico de NN.XX no Principado, Pablo Álvarez-Pire.
Vega agradeceu ao Partido Popular “a súa preocupación pola xente nova e o seu interese e constante apoio que se ve reflexado no elevado número de mozos de Novas Xeracións que agora forman parte das listas municipais”. Neste senso,
Daniel Vega recordou as palabras do presidente provincial do Partido, Xosé Manuel Barreiro, quen, segundo Vega, “foi o primeiro en dicir que Novas Xeracións tiña que ter presencia nas listas de cara aos comicios do próximo 22 de maio”.
Dado esto, Vega manifestou o apoio dende Novas Xeracións ao “proxecto do Partido Popular para as eleccións municipais”, e reincidiu na “necesidade de evitar que Zapatero estea presente nos concellos lucenses xa que a figura de ZP conleva o fracaso absoluto”.
Así mesmo, o presidente provincial agradeceu a presenza e colaboración dos asistentes. Palabras as que se sumou tamén o secretario rexional, Juan Francisco López Prieto, quen asegurou que “sen o apoio do Partido e de persoas como José Carlos Rodríguez Andina ou José Manuel Yanes Ginzo –exemplificou–, non estariamos hoxe aquí”.
Segundo López Prieto o elevado índice de mozos que integran as candidatura municipais “é a mostra da renovación do Partido e do apoio á xente nova que traballa, que ten ideas e que se mostra preocupada polo futuro”. Como evidencia desta labor, o secretario rexional, que ocupa o número dous nas listas en Trabada, informou que Novas Xeracións elaborou un programa marco, coordinado por Pablo Ferradás, que integra puntos “básicos” como o favorecemento do asociacionismo xuvenil, o reforzo de becas de estudos, o desenvolvemento de plans para o fomento do emprego e con elo a facilitación da emancipación e do acceso á vivenda.
Pola súa banda, a presidenta nacional da agrupación, Beatriz Jurado puxo en valor a disposición “positiva” da xente nova, independentemente se forma parte ou non dunha lista política, para traballar e vincularse a un partido político pese “ a la situación que estamos viviendo”.
NN.XX tamén repartiu esta mañá por Ribadeo o seu decálogo de propostas. Ademais ata a vila da Mariña achegouse un bus do PP que fai a campaña por toda España e no que participaron máis de 50 xóvenes.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



