NOTA DE PRENSA
Ismael Rego e Margarita Perez Herraiz arroupan ao candidato da cidade episcopal
MODESTO DIAZ GARCIA DENUNCIA QUE O PP PIDE O VOTO DENDE A CONSULTA PÚBLICA DO AMBULATORIO MINDONIENSE
-O deputado Ismael Rego cualificou esta actittude “como vergonzosa e impropia dun partido que dice ser democrático”
-O candidato socialista á Alcaldia de Mondoñedo afirmou que se presenta mantendo os principios de Compromiso, Responsabilidade, Respeto, Honradez e Servizo aos demais
– O deputado mariñan afirma que o motor dos concellos de Galicia “chamanse Jose Luis Rodriguez Zapatero e Jose Blanco”
Mondoñedo, 17 de maio de 2011.- O candidato do PSdeG-PSOE e tenente de Alcalde de Mondoñedo, Modesto Diaz Garcia denunciou (onte dia 16) no mitin de campaña dos socialistas mindonienses que unha compoñente da candidatura do PP, que exerce como medico no Ambulatorio de Mondoñedo, pide o voto aos seus pacientes na consulta. Ademais criticou que esta medico ocupe unha habitacion no Asilo de Mondoñedo de xeito gratuito “dorme todolos dias na mellor habitación deste Centro”.
Diaz Garcia que estivo acompañado dos deputados do PsdeG-PSOE Margarita Perez Herraiz e Ismael Rego no acto que se celebrou na Casa da Xuventude mindoniense, dixo “só estou en politica para servir aos veciños de Mondoñedo e con esa ilusión me presento novamente a estas eleccións”.
Asegurou tamen que traballara para que Mondoñedo conte con novas infraestructuras nesta nova lexislatura e afirmou que se presenta mantendo os oprincipios de Compromiso, Responsabilidade, Respeto, Honradez e Servizo aos demais.
Na sua intervencion lembrou as propostas do programa electoral do PsdeG-PSOE como a creacion dun centro de Dia, a ampliación das prazas de garderia, apostar para que a cidade sexa un referente cultural de investigación a través do Centro Cultural da Alcantara. Tamen subliñou a dinamización da Casa da Muller, e impulsar a dinamizacións das parroquias con actividades culturais, lúdicas e de lecer. Reclaman tamen a Declaración da Cova do Rei Cintolo como Monumento Natural, e rematar co Plan Xeral de Ordenación Urbana e Municipal.
Pola sua banda o deputado Ismael Rego cualificou as denuncias de Diaz Garcia (sobre a peticion de voto por parte do PP na consulta publica) “de vergonzosa”, e insistiu nas suas criticas “e impropia dun partido que dice ser democratico”.
Compromisos de Feijoo coa Mariña cero
Rego lembrou tamen a visita dos distintos Conselleiros do Goberno de Feijoo que estes dias visitan a Comarca co gallo das eleccions “visitas moitas, pero obras, proxectos e compromisos cos cidadans da Mariña cero”, espetou .
O deputado mariñan afirma que o motor dos concellos de Galicia “chamanse Jose Luis Rodriguez Zapatero e Jose Blanco”. E subliñou que os Plans postos en marcha polo executivo Central “como o Plan E ou o AVE en Galicia son bos exemplos do compromiso coa nosa Comunidade”.
A maiores Rego denunciou que Feijoo puxo en marcha un catálogo de fármacos discriminatorio con Galicia “e moi probablemente anticonstitucional”. E engadiu ademais “Galicia sitúase á cola de España na atención a dependentes de todas as Comunidades Autónomas”.
A deputada no Congreso Margarita Perez Herraiz criticou o retroceso o esquecemento dos concellos por parte do Goberno de Feijoo. Replica que hai recortes xeneralizados dos seus fondos, dixo tamen que esta sen definir unha política clara en torno ao modelo e lexislación para un correcto desenvolvemento territorial e urbanístico ou de protección ao medio ambiente, e insistiu “hai un reparto sectario de axudas e con múltiples incumprimentos de acordos cos concellos de Galicia”, resumiu.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



