O periódico “Rompeolas”, voceiro do Clube Náutico de Foz, no número de xuño de 1986 (hai 25 anos), publicaba o seguinte: “ O día 18 de maio, o poeta Manuel María pronunciou unha conferencia no local social deste Clube Náutico, encol da “Vida e a Obra de Aquilino Iglesia Alvariño”, co gallo do Día das Letras Galegas, a él adicado . Manuel María foi presentado polo Presidente do Clube, Suso Fernández, que resaltou a prestixosa personalidade do Poeta da Terra Chá, dentro do panorama das letras galegas dos últimos tempos, suliñando a súa vella vinculación a Foz, onde gañara o 1º Premio e Flor Natural dos primeiros Xogos Florais, cun feixe de poemas co título de “Versos florecidos en louvanza de Foz”.
Manuel María, coa amenidade que o caracteriza. e a beleza das súas verbas, que engaiolaron ós ointes, fixo unha defensa de I. Alvariño, co que – dixo – “foron inxustos
na súa valoración como poeta, e como home, os seus críticos e comentaristas”. O conferenciante, amigo persoal seu, fixo unha descripción da súa vida e da súa obra, recurrindo incluso á correspondencia privada. na que se revela un I.Alvariño amable e servicial, que nada ten que ver coa imaxe propagada por outros xuizos. Manuel María considerou a I. Alvariño como un gran poeta virxiliano, na liña de Noriega ou Teixeira de Pascoaes, aínda que, pola súa forma de vida, e pola súa actitude, non foi un persoaxe singular, como o foi o antigo mestre de Foz, Noriega. Destacou, asimesmo, a importante laboura do profesor I. Alvariño na recolleita de ditos e termos usados polo pobo; sorprendeuno a morte precisamente cando traballaba nun diccionario galego que non chegou a rematar.
Ó final da conferencia produciuse un animado coloquio, no que interviron boa parte dos asistentes, e ó que Manuel María puxo a amenidade das mil anécdotas e o engado da súa voz fonda, acariñadora. Un longo aplauso de quen enchían a sala de actos do clube amosaba a súa compracenza a este primeiro acto cultural desenvolvido na nova etapa do Clube Náutico de Foz”.
Suso Fernández


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



