Nota de prensa
O secretario xeral dos populares lucenses chamou ao voto útil o vindeiro 22 de maio para que nin Alfoz nin O Valadouro se convertan en instrumentos ao servizo do PSOE, BNG ou independentes para a confrontación coas administracións populares.
SÓ O PP GARANTE GOBERNOS ESTABLES QUE PODEN CUMPRIR OS SEUS PROGRAMAS
Durante os dous últimos anos a Xunta que preside Feijoo multiplicou os investimentos nestes dous concellos superando a cifra histórica dos nove millóns de euros, síntoma da boa sintonía cos gobernos locais do PP.
A Mariña, 18 de maio de 2011.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balsiero Orol participou no día de hoxe en dous mitins que ofreceron as formacións políticas populares dos concellos de O Valadouro e Alfoz. O dirixente popular sinalou que só o PP garante gobernos estables capaces de cumprir os seus programas e insistiu na importancia do voto útil que, o 22 de maio, pasa única e exclusivamente polo Partido Popular. “Socialistas e nacionalistas empregan os poucos concellos nos que gobernan máis para rifar e facer oposición á Xunta que para buscar inversións, infraestruturas e servizos positivos para aos seus veciños. Nin Alfoz, nin O Valadouro merecen isto. Merecen un goberno popular, con boa sintonía coa Xunta que preside Feijoo, coa futura deputación popular e co Goberno do Estado, que en menos dun ano todo apunta estará presidido por Mariano Rajoy”
Jose Manuel Balseiro explicou que durante os dous últimos anos a Xunta que preside Alberto Núñez Feijoo multiplicou os investimentos nestes dous concellos superando a cifra histórica dos nove millóns de euros, “síntoma da boa sintonía cos gobernos locais do PP e do bo facer dos seus respectivos equipos de goberno”. No tocante ao Valadouro cómpre relevancia as achegas do fondo de compensación ambiental –creado polo goberno de Feijoo para compensar os aproveitamentos eólicos- cos que acometeron a rexeneración e creación do paseo fluvial no río Ferreira. Outro dos investimentos máis salientables foron os apoios do IGAPE a distintas empresas sitas no municipio, e que supuxeron un investimento próximo aos 500.000 euros. En Alfoz o cambio de Goberno en Galicia, tras a derrota do bipartito, propiciou o incremento do plan municipal de servizos sociais (plan concertado), o investimento en materia de emprego, coa posta en marcha escola obradoiro e distintas melloras nas parroquias do rural.
Jose Manuel Balseiro indicou no Valadouro que sumarse á formación política independente é tanto como “perder o voto”, xa que carece de apoios en Lugo, en Santiago e en Madrid capaces de levar adiante moitos dos compromisos pendentes. E no caso de Alfoz “o PP representa o bo facer do pasado, o impulso necesario no presente, e é a única garantía de futuro”



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



