Nota de prensa:
Estudantes do IES Perdouro de Burela tiveron a oportunidade de coñecer a testemuña de Angel, discapacitado físico da Asociación COGAMI
Un dos obxectivos transversais do IES Perdouro, señala a Vicedirectora Karina Parga, é concienciar e sensibilizar os seus alumnos/as sobre a saúde, a consecución de hábitos de vida saudables e prevención en Educación viaria.
O alumnado de 4º de ESO, dentro do programa de prevención e educación viaria, recibiron hoxe unha charla de sensibiliazaión sobre Lesións Medulares por parte da Asociación de Persoas con Discapacidade da Mariña – COGAMI.
Enma Caamaño, traballadora social, impartiu a parte teórica onde explicou aos alumnos /as a importancia de empregar o cinto de seguirdade nos vehículos, o uso dos cascos nas motos, e a perigosidade dos mergullos nas praias e ríos. Ademais, falou das barreiras arquitectónicas, psicolóxicas e sociais que hai en torno as persoas con discapacidade. A continuación, Angel, tetrapléxico e socio de COGAMI, compartiu cos rapaces unha tertulia animada onde explicoulles a súa forma de vida diaria e a súa motivación deportiva pola natación.