Superado o trauma cívico/electoral, que acabamos de sufrir, e pasará á historia como “as eleccións das cuchipandas”, dada o prodigalidade coa que se pretendeo encher o bandullo dos honestos cidadáns; tanto que istes non saían do seu asombro, pois tal xenerosidade e largueza, inéditos na crase política, suponse que se trate dun arrouto puntual, inducido polo bó momento económico e social, de euforia e ledicia, que hai que disfrutar. E mellor é pensar así, pois do contrario poderíase supor que se trataba de estratexias para gañar as vontades das persoas, polo estómago, o que para moitas poidera resultar aldraxante; pero, nada mais afastado da realidade…!! É unha mágoa que iniciativa tan vulgar, de sutil linguaxe do pesebre, viñese a empañar a deferencia e cortesía, e apoio mútuo, coas que os candidatos redactaron os programas, pois da a impresión de que, antes de exercer as funcións de “bó goberno”, xa chegaron a acordos. Tanto que, por exemplo, o PP fala dun “porto deportivo”, e Unifoz xa anuncia que o vai a “mellorar“ Ou sexa, identificación coa idea e ánimo de colaboración…¿Contemplará a mellora, a eliminación da “barra” da bocana da ría?. Porque ninguén fala dela; coma se non existira…Qué raro, non? O PSOE vai crear unha cooperativa agro-gandeira, de tal envergadura, que arranxará o do paro, e o BNG, con clara visión de futuro, proxectou a “praza de abastos” que, suponse, será a central de venta dos productos da cooperativa… É de supoñer que a praza se ubique pretiño do porto do PP; os que amarren os iates, apenas terán que desprazarse para mercar os productos da cooperativa do PSOE que serán, sen dúbida, de calidade extra, e que levarán o nome de Foz por mares e portos do mundo ¿E quen sabe se, en adiante, non pode ser esa unha importante vía marítima de exportación?.. Xa o temos dito: todo é posible en Hollyfoz. Os tempos esixen o traballo en equipo, solidario e coordinado, e os políticos focegos dan exemplo.¡Parabéns! O futuro do pobo consensuado, diseñado, e garantido, de xeito claro, racional e contundente. Só falta celebralo con unha cuchipanda… ou será con catro?,.
Suso Fernández





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



