NOTA DE PRENSA
A Delegación de Educación do Concello de Foz informa de que esta semana rematan
as actividades educativas do programa “Escolas Abertas” que se desenrolou
durante todo o curso 2010-2011 incluíndo diferentes cursos, para todos os niveis
educativos e familias,de inglés, informática, técnicas de estudio, prevención do
absentismo escolar, habilidades sociais, fomento da lectura,etc. e o programa de
radio “Radioeduc@” que se despedirá da súa audiencia o vindeiro martes de 19.00
a 20.00 horas na emisora municipal.
O curso remata coas *”Xornadas educativas para familias”* que se realizarán os
días 6, 7, 8 e 9 de xuño no Salón de Actos do Colexio Público Nº1 de Foz de
8.00h a 9.00h. Trátase de 4 xornadas dirixidas aos pais de alumnos de todo o
Concello, pero todo público en xeral que estea interesado en acudir ás xornadas
será benvido, nas que se traballarán 4 temas principais:
1.-Fomento da lectura: _”Sementando lectores_” o día 6 de xuño.
2.-Prevención do absentismo escolar e motivación nos estudios:”_Absentismo,
antesala do abandono escolar_” 7 de xuño.
3.-Formación sobre a internet e o uso responsable da mesma: “Enréd@te
4.-_Xestión e dinamización de asociacións_ 9 de xuño.
A través de presentacións en pps., debates, dinámicas participativas, expertos
nos distintos temas, etc. e sobre todo co intercambio de ideas, experiencias,
etc. dos asistentes traballarase de xeito conxunto coa finalidade de dotar as
familias das ferramentas necesarias para mellorar a educación dos seus fillos
dende o seus fogares. Din que os fillos veñen cun pan debaixo do brazo, pero o
que non traen é libro de instruccións e moitas veces é difícil saber qué facer
en determinadas situacións ou como levar a cabo estratexias para motivalos nos
estudios, coñecer o mundo dixital no que se moven, aproveitar as vantaxes que
nos brinda internet a todos os niveis e protexelos dos perigos que pode supoñer
o uso irresponsable da rede, implicarse na educación dos fillos e manter unha
relación fluída e boa coa escola, previr o absentismo e coñecer os recursos que
temos ao alcance para evitalo ou erradicalo,… de todo iso e moito máis
falaremos durante estas xornadas.
O venres 10 de xuño levarase a cabo a _I Olimpíada Matemática _dirixida aos
alumnos de 3º ciclo de Educación Primaria e ESO do Concello de Foz, sendo ésta a
derradeira actividade das “Escolas Abertas” do curso 2010-2011.
Se dexexan máis información, poden poñerse en contacto conmigo a través do
teléfono 664477878.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



