REFENCIA
*O CONSELLO APROBA DEFINITIVAMENTE O PLAN SECTORIAL PARA AMELLORA E AMPLIACIÓN
DAS INFRAESTRUTURAS DE SANEAMENTO,ABASTECEMENTO E REDE VIARIA NO CONCELLO DE
BARREIROS*
**
*
*/Cúmprese a promesa avanzada polo conselleiro de Medio Ambiente no mes
demarzo, despois de que Costas do Estado emitise o seu informe favorable/*
*
*//*//*/En virtude do convenio interadministrativo asinado entre Xunta,
Concello deBarreiros e Deputación Provincial de Lugo, proporcionaránselles
aos veciñosservizos básicos de saneamento e depuración/**//*
* *//*//
*/O convenio subscrito para afrontar as infraestruturas fixa un
investimento de 14,1millóns, dos cales o concello se fará cargo de algo
máis do 50% (cantidade queserá achegada polos promotores), a Deputación de
Lugo participará con cerca do10% e a Xunta co 40% restante/*
* *//*//
*/Unha vez aprobado definitivamente o plan sectorial, o Concello de
Barreirosprocederá a tramitar os proxectos sectoriais que odesenvolverán/*
*//*//
O Consello da Xunta aprobou esta mañá o Plan sectorial de carácter
supramunicipalpara o Concello de Barreiros, tal e como anunciara en marzo o
Conselleiro de MedioAmbiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández,
cando avanzou que tan sóquedaba pendente recibir un informe favorable de Costas
do Estado. Este documentoentrará en vigor un día despois da súa publicación no
/Diario Oficial de Galicia/.
Desde a Xunta deféndese que o plan sectorial é o instrumento máis adecuado
paracanalizar o convenio subscrito entre a Xunta, o Concello de Barreiros e a
DeputaciónProvincial de Lugo, para dotar o solo dos núcleos urbanos das
infraestruturas que ofagan apto a curto prazo para servir de soporte da
edificación residencial proxectada.
A insuficiencia nas redes de saneamento e depuración de augas residuais, na rede
deabastecemento de auga potable ou na potencia na subministración de
enerxíaeléctrica determinaron que o Consello da Xunta de Galicia por Decreto
15/2007, do 1de febreiro, suspendese a vixencia das Normas subsidiarias de
Barreiros e aprobaseunha ordenación urbanística provisional ata a entrada en
vigor dun novo planeamentoplenamente acomodado á actual lexislación.
Co obxectivo de acadar unha saída a esta situación, hai pouco máis dun ano (20
deabril de 2010) asinouse un convenio de colaboracióninteradministiva entre
aConsellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Deputación
Provincialde Lugo e o Concello de Barreiros para colaborar activamente e de
forma conxunta nasuperación do escenario de incerteza observado no concello de
Barreiros, desde omáis estrito respecto á legalidade vixente, o desenvolvemento
sustentable doterritorio e a cohesión social da poboación nos catro núcleos
urbanos delimitadosneste concello: San Cosme, San Pedro, San Miguel de Reinante
e Reinante.
Para afrontar as infraestruturas obxecto do convenio comprometeuse un
investimentode 14,1 millóns de euros, dos cales o Concello se fará cargo de algo
máis do 50%(cantidade que será achegada na súa totalidade polos promotores), a
DeputaciónProvincial de Lugo participará con cerca dun 10% e a Xunta achegará o
40%restante.
*
Melloras
*
Con este convenio procederase á urbanización, abastecemento, saneamento e
redeviaria dos núcleos urbanos de San Cosme, San Pedro, San Miguel de Reinante
eReinante.
Unha vez aprobado definitivamente, o plan sectorial permite a tramitación por
partedo Concello de Barreiros, dos proxectos sectoriais que odesenvolverán.
Cando osditos proxectos estean aprobados definitivamente polo Consello da Xunta,
poderáncomezarse a executar as obras de urbanización correspondentes.
*
Situación Barreiros
*
Barreiros contaba cunhas normas subsidiarias aprobadas en outubro de 1994,
poloque non están adaptadas á lexislación urbanística vixente e non establecen
distinciónentre as categorías do solo urbano consolidado e non consolidado.
A grande actividade edificatoria dos últimos anos e a insuficiencia de servizos
nosnúcleos urbanos (redes de saneamento e depuración de augas
residuais,abastecemento de auga, potencia na subministración de enerxía
eléctrica)determinaron que o Consello da Xunta de Galicia -por Decreto 15/2007,
do 1 defebreiro- suspendese a vixencia desas normas subsidiarias e aprobase
unhaordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor dun PXOM acorde
coalexislación vixente.
*
Colaboración cos concellos
*
A Xunta de Galicia é consciente de que a realidade de Barreiros foi unha
situación conque se atopou o actual Goberno, pero da que xa era coñecedora o
Goberno anterior,que iniciou os primeiros pasos coa elaboración dun convenio que
ía na mesmadirección que o que promoveu este Goberno.
O Goberno galego seguirá a colaborar cos concellos na resolución das
súasnecesidades e problemas máis urxentes, sempre dentro da legalidade e do
respecto ánormativa que en cada momento sexa de aplicación.
A situación do Concello de Barreiros non é única. A Xunta de Galicia colabora
conconcellos de toda Galicia para achegar solucións e roporcionarlles aos
veciños osservizos básicos para o desenvolvemento da súa vida diaria.
http://www.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=346870&name=DLFE-11551.pdf





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



