Nota de prensa
22 empresas xa ofrecen 130 produtos e servizos por internet grazas á plataforma de comercio electrónico da Deputación
– O organismo provincial arrancou esta iniciativa hai tan só esta semana, acadando un grande éxito, xa que en tan só 7 días o número de firmas aumentou en máis dun 30%
– Outras 29 empresas solicitaron información sobre este 1º centro comercial virtual de toda a provincia creado dentro do Innova-TE, e co que a Deputación favorece o desenvolvemento económico de Lugo e contribúe á promoción empresarial
– A Xunta de Goberno aproba a adxudicación dunha instalación náutica no encoro de Negueira de Muñiz, que permitirá o amarre en condicións de seguridade para pequenas embarcacións
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres os modelos de ficheiros que deben cubrir as empresas para adherirse á plataforma de comercio electrónico que o organismo provincial arrancou o 20 de maio cunha oferta inicial de 100 produtos e 16 empresas, dentro do programa Innova-TE, cofinanciado nun 70% por fondos FEDER. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, subliñou que se trata dun trámite administrativo máis, pero que é obrigatorio tal e como indica a lei de protección de datos, así como o éxito que está acadar a iniciativa.
Neste senso, destacou que, en tan só sete días, xa son 22 as firmas que ofrecen os seus produtos en Internet, en total 130, é dicir, a presenza de empresas e dos seus servizo aumentou en máis dun 30%. Grazas a esta iniciativa, o organismo provincial abre unha nova canle de venda, o que lles axuda ás empresas a subir o volume de beneficios e a manter e aumentar os empregos. Un exemplo da repercusión que pode ter a venda on line na actividade dunha empresa o caso de Bicicletas Guillermo, unha firma monfortina que factura o 70% das vendas a través deste sistema.
As novas empresas adheridas son as seguintes: Dulce María Barro (Vilalba); E-scola (formación on line e a distancia), Óptica de La Torre e Peletería Lucus (Lugo); Casa Solariega de Cervantes; e restaurante Río Lea (Castro de Rei). Ademais, xa están cargadas na plataforma outras catro, pero non visibles porque aínda non presentaron toda a información: Avifauna, situada en Outeiro de Rei; perruquería Eduardo Souto e Lualco (alimentación e embutidos), en Lugo; e Queixería Valado, en Vilalba.
Por outra banda, outras 29 empresas, fundamentalmente do ámbito alimentario, xa se puxeron en contacto coa Deputación para solicitar información sobre este primeiro centro comercial virtual de toda a provincia, no que o organismo provincial 630.000 euros dentro do programa tecnolóxico e co que contribúe, por medio das novas tecnoloxías, ó desenvolvemento económico de Lugo e á promoción empresarial.
As firmas teñen deste xeito un espazo para anunciarse, vender e distribuír os seus produtos en novos mercados tanto nacionais como internacionais as 24 horas do día os 365 días do ano. Ofrécese tamén, por vez primeira, unha imaxe de marca dos produtos de Lugo de cara ó exterior, independentemente do provedor que os ofreza. Os usuarios poden acceder á plataforma entrando na dirección www.losproductosdelugo.com onde se atopan cun catálogo de produtos de alimentación, artesanía, moda, servizos de lecer e mesmo instrumentos musicais, entre outros.
Pantalán en Negueira de Muñiz
O equipo de goberno tamén adxudicou a instalación náutica no encoro de Salime (Negueira de Muñiz) por valor de 109.806 euros. O pantalán permitirá o amarre en condicións de seguridade para pequenas embarcacións, tanto recreativas como de pesca, transporte, etc. Emprazarase nas inmediacións da área recreativa da Virxe da Veiga. Nestes momentos, o Concello está pendente dos permisos da Confederación, de tal xeito que unha vez concedidos, a Deputación comezará coa instalación no prazo dunha semana.
Esta era unha prioridade que tiña este Concello, xa que no futuro tamén poderá dar servizo a unha embarcación turística tipo catamarán, semellante ás empregadas nos Cañóns do Sil. A tipoloxía do pantalán que se construirá será de 1 módulo de aluminio flotante de 3 metros de anchura con laterais de 12 metros de longo. Será o sétimo pantalán que terá a Deputación, e que se engade ós dos Peares, Belesar pobo e Belesar presa, Os Robles, Portomarín e Doade. En total, nos últimos catro anos preto de 21.000 persoas participaron nas distintas rutas que ofrecen os catamaráns da Deputación.
Asimesmo, tamén se adxudicaron a demolición da edificación do antigo chalé e a obra de adecuación do antigo Hotel Miño por valor de 309.160 euros, dentro do obxectivo de avanzar no traslado da Universidade Nacional de Educación a Distancia ás instalacións da Tolda.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



