RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, di que “hai poucos días unha serie de persoas de varias parroquias de Ribadeo dirixiron un escrito ao Concello pedindo unha serie de documentación e información e nós, como Concello, non temos aínda esa documentación porque nós non tramitamos os permisos específicos para a posta en marcha desa instalación eléctrica senón que por normativa é a propia compañía eléctrica Begasa quen a través da Xunta e concretamente da Consellería de Industria ten que tramitar todos estes permisos de paso e de construción do que é a subestación”. O rexedor agarda “porque así se asinou no protocolo xa hai meses, que esta información chegue ao Concello o máis axiña posible e penso e conto que será nas vindeiras semanas no que ten que ver co trazado da liña e todo o mundo poderá ter acceso a toda esa documentación para presentar as alegacións pertinentes tanto aquí como na propia Xunta”.
Suárez Barcia engade que “eu como alcalde e como equipo de goberno hai un tempo cando a firma deste protocolo, os criterios que evacuamos que deberan ter en conta na redacción deste proxecto eran primeiramente, cumprir coa normativa de distancias separadas tanto dos núcleos de poboación como das vivendas e aínda que nesa normativa moitas veces requiren poucos metros que se fixera a separación máxima posible sempre e collendo toda a normativa na materia e agardo que así sexa porque senón será o Concello un dos que se opoña”. O alcalde considera que “Begasa e Xunta non serán tan torpes de collerse as mans en canto a trazados de liñas que pasen por lugares que non son axeitados. E en segundo lugar que este trazado evitase o paso por terras de labradío é dicir por solos de protección agrícola que fora todo polo monte ou en todo caso a maior parte posible polo monte. Con estes resultados que descoñecemos pero que agardamos recibir nos vindeiros días se poderá avaliar e se terá que informar por si hai algunhas cousas que non se axustan a esa normativa”.
Instalación vital para Ribadeo
O rexedor ribadense sinala que “o que si debo dicir de maneira global é que a subestación e polo tanto a liña de media tensión é algo vital e digo vital coma algo estritamente necesario para Ribadeo, non só polo polígono industrial porque faría inviable ese proxecto, senón para Ribadeo en si. Ribadeo foi medrando e ten limitada a súa capacidade enerxética, a súa capacidade de distribución eléctrica senón ten unha subestación e a electricidade de momento que eu saiba non vai por ondas senón que vai por tendido eléctrico, pero iso si, todo o que se faga debe respectar escrupulosamente toda a normativa. Debe ir separada dos núcleos de poboación, ir separada de casas e debe ir sobre todo polo monte”.
Suárez explica que “non é unha liña de alta tensión destas grandes de 400 kilovoltios senón que será de 136… ténse que coller na parte sur so concello na actual existente que ven de Asturias e que pasa por Couxela e Trabada e se ten que pinchar unha saída que ten cruzar todo o concello ata vir aproximadamente ata Piñeira onde se convirte de alta en media tensión a través dunha subestación que logo vai soterrada para distribuir ao polígono, ao resto de Ribadeo e ao resto de sitios nos que se necesite”.
O alcalde conclúe dicindo que “polo tanto o noso criterio é defender aos veciños sempre… poden presentar os escritos que consideren convenientes e pedir a información que estimen conveniente, agora que nós non podemos dar máis información da que non temos a día de hoxe, pero que polo demáis se estean tranquilos porque nós somos dos máis interesados en que non haxa conflicto cos veciños outra cousa é que alguén a río revolto pretenda azuzar e eso xa é outro cantar do que poderemos falar noutro momento”.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



