Nota de prensa
“SEMENTANDO LECTORES”
Luns 6 de xuño de 20.00 a 21.00h no salón de actos do CEIP Nº1 de Foz.
Inícianse ás Xornadas Educativas para Familias organizadas pola Delegación de Educación do Concello de Foz.
Asistirán: Mª Jesús Álvarez, responsable da Biblioteca Municipal e Arantxa Incera, Concelleira de Educación e Lucía Lage, psicopedagoga.
A Todos os pais encántanos que os nosos fillos lean porque sabemos que cos libros non so se aprende, senón que ademais se pasa ben. En cambio uns nenos devoran libros mentres outros non os queren nin ver. ¿Por que? ¿Que podemos facer os pais para que os nosos fillos e as nosas fillas gocen lendo? Ler é unha actividade fundamental para adquirir coñecementos. Os nenos que len ben obteñen maiores éxitos e mellores cualificacións nos estudios. Ter o hábito de ler é unha condición necesaria para aprender con máis facilidade.
¿Que podo facer para que o meu fillo lea máis? Non é doado dar solucións eficaces, a pesar dos anos de experiencia de moitos profesionais, e moito menos solucións das que pedimos os pais: que teñan éxito inmediato e que esixan pouco tempo e pouco esforzo. Como podedes comprender, ninguén vos pode proporcionar un remedio destas características, entre outras cousas, porque en educación non existen remedios milagrosos.
A sesión iníciase coa presentación en Power Point “Sementando lectores”, ao longo da cal se vai expoñendo a importancia da implicación das familias para favorecer o hábito lector dos rapaces, as vantaxes dos libros, cómo fomentar a lectura desde a casa, outros lugares: bibliotecas e librerías, recomendacións para animación lectora segundo a idade dos nenos, etc. Ao longo da presentación vanse facendo preguntas xerais para que as familias interveñan e expoñan a súa opinión sobre cada un dos temas tratados. Dentro do apartado de consellos para familias inclúese un conto “Flis-Fli-Ris-Flás” a partir do que se traballará en distintas técnicas para aprender a contar contos e xogos entorno ao mesmo como exemplo para outras lecturas. O remate da presentación abre dous debates: ¿Cómo sementar lectores? e Tv, Pc,…Vs Libros.
A todos os asistentes se lles entrega ademais un dossier coa documentación básica tratada na sesión: consellos para familias, lectura e internet ( enlaces a bibliotecas virtuais, páxinas de fomento da lectura, actividades interactivas de lectura e escritura, webs de editoriais…clasificadas por idades), información da biblioteca do centro e da biblioteca municipal (actividades, horarios, servizos, etc.) listas de lecturas recomendadas segundo a idade dos nenos, etc.























O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



