Nota de prensa:
AS CATEDRAIS PRECISA DUN PLAN DE ORDENACIÓN DE USO PÚBLICO, SEGUNDO SE PUXO DE MANIFESTO NO ENCONTRO CELEBRADO ESTA MAÑÁ NO CONCELLO E AO QUE ASISTIRON O ALCALDE E TÉCNICOS DA DEPUTACIÓN DE LUGO E DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL. FERNANDO SUÁREZ AGARDA QUE AS MEDIDAS PARA SALVAGARDAR ESTE MONUMENTO NATURAL SE POÑEN EN MARCHA AXIÑA.
Ribadeo, 9 de xuño de 2011. A praia das Catedrais precisa dun plan de ordenación de uso público e dun plan especial de actuación, segundo se puxo de manifesto no encontro celebrado esta mañá no Concello e ao que asistiron o alcalde de Ribade, Fernando Suárez, e técnicos da Deputación Provincial de Lugo e da Consellería de Medio Rural. O rexedor agarda que as medidas para salvagardar este monumento natural se poñan en marcha axiña.
Suárez Barcia dixo que “é a primeira vez que varias administracións nos sentamos con calma e con ánimo constructivo e positivo para impedir que As Catedrais morran de éxito e para intentar consensuar os instrumentos que permitan levar adiante un aproveitamento sostible desta praia, é dicir que se siga visitando por moitísima xente, pero que ao mesmo tempo se impida que se vaia degrandando como está a acontecer nestes anos polos milleiros e milleiros de persoas que, de boa fé, pero sen rigor e sen control, empregan este areal”.
O rexedor explicou que “as persoas que viñeron no nome da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo, aínda non sendo cargos políticos, senón cargos técnicos competentes, foron moi sensatos neste diálogo que mantivemos abertamente expoñendo a necesidade de que todas as administracións implicadas (Estado, Xunta, Deputación e Concello) nos poñamos de acordo para facer cousas coma un plan de ordenación de uso público, que debe ir ligado á conservación do espazo natural. Neste caso debe desenvolvelo a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, aínda que teña que ver coa participación tamén do resto de administracións públicas para determinar cómo se canaliza a xente dentro dun espazo natural co fin de que siga sendo sustantable”.
Fernando Suárez engadiu que “simultáneamente debemos ir entre todas as administracións a regular o uso do solo a través dun plan especial da praia das Catedrais, que ben pode ser o Concello o que o impulse ou ben pode ser a Xunta. Acordamos que debemos adoptar medidas no inmediato para este verán, dado que cada ano acude máis xente a este areal. E ao mesmo tempo debemos iniciar ese plan de ordenación de uso público e ese plan especial da praia das Catedrais, que teremos que levar adiante entre todos”. O rexedor sinalou que “por parte do Concello tentaremos limar as diferencias que poida haber entre administracións e pídolles de maneira honesta que nos temos que poñer as pilas todos para empezar canto antes porque senón imos acabar mantando entre todos á galiña dos ovos de ouro, que é a praia das Catedrais”.
O alcalde ribadense comentou que “pasa a un segundo plano o tema da bandeira azul, que nos importa e interesa moito. Desde o Concello traballaremos intensamente e, aínda que hoxe non puido vir o representante da asociación que as outorga, intentaremos facer todo o que estea na nosa man para recuperala para o ano que ven, pero ise non é o obxectivo. O obxectivo máis ambicioso é conseguir que este monumento natural, declarado pola Xunta hai varios anos, conserve toda a súa potencialidade e que non se vaia deteriorando como sí o está a facer despois de que nos últimos anos miles e miles de persoas durante todos os días do ano estivesen acudindo a un areal que sin querer ou querendo o están a degradar pouco a pouco”. E subliñou que “entre todos temos que poñer as medidas necesarias para non permitilo. Vin moi boa fé por parte dos técnicos representantes da Deputación de Lugo e da Xunta e espero e emprazo aos responsables políticos a seguir nesta mesma liña. Por nós, desde logo, non vai quedar”.
Ao encontro celebrado no salón de plenos do Concello de Ribadeo asistiron a directora da Unidade de Proxectos da Deputación, Ana Belén Mera; o xefe do servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural, Jesús Latas; o arquitecto municipal, Francisco Moreda; o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, e o alcalde, Fernando Suárez.




















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



