Nota de Prensa
ALUMEADO PÚBLICO
O día 22 de Decembro celebrouse un pleno ordinario onde o grupo municipal do Partido Popular, como ven sendo habitual, presentou unha batería de rogos e preguntas ó Sr alcalde e o seu equipo de goberno sobre temas de interese dos viveirenses. Unha das preguntas describía a situación do alumeado ornamental dos Castelos en Covas de gran agarimo e preocupación para os veciños desta parroquia.
A resposta do Sr alcalde foi que funcionaban unhas veces sí e outras non, culpando ó goberno do PP e facendo referencia a erros na instalación executada na legislatura 1999-2003, hai máis de 6 anos. 0 razonamento do alcalde resta moita credibilidade ó Goberno do PSOE en Viveiro que continua a refugiarse tra-lo escudo do PP en lugar de asumir erros que demostran a sua incompetencia sin poñer remedio a situacións que non son mais que da sua responsabilidade.
No 1º semestre do 2008 non se prendeu máis de duas veces o alumeado por estar en algun punto deteriorado a falta de dous proxectores, uns 5 m de marxe nas rocas sin protección de tubo ni suxeción de cemento e un metro de falta de tubo de protección.
Pero máis grave é que o alcalde no mesmo pleno negue o uso da palabra a un concelleiro despois de seren aludido pola sua xestión na obra en cuestión. Unha obra realizada pola empresa Daviña S.L de Santiago, de grande prestixio profesional avalado polas suas intervencións con éste e outro goberno en Celeiro, Covas, Viveiro e os alumeados ornamentais de Sta María , San Francisco e a Plaza de Abastos.
O abandono do goberno do sr Roel prosigue polo paseo marítimo de Sacido- Seiramar, tamen en Covas , onde no 1º tramo faltan ata 42 lámparas empotrables no muro do paseo marítimo e seis farolas de columna. No 2º tramo non funciona o alumeado, e si a esto lle engadimos que a rua Vila de Ortigueira está prácticamente a oscuras e no conservatorio de Viveiro de vinteseis proxectores exteriores non prenden dezanove se isto non é desidia que venña Deus e o vexa.
Celestino García Paz


















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



