Nota de prensa
O AUDITORIO MUNICIPAL SERÁ ESCENARIO O VINDEIRO LUNS DUN CONCERTO DIDÁCTICO DIRIXIDOS A MÁIS DE 200 ALUMNAS E ALUMNOS DE DIFERENTES CENTROS DE ENSINO DA MARIÑA. EN CLAVE DE MULLER É UN PROXECTO EDUCATIVO MUSICAL INNOVADOR NO ÁMBITO GALEGO. TRÁTASE DO PRIMEIRO DESTAS CARACTERÍSTICAS QUE SE IMPULSA DESDE UNHA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA.
Ribadeo, 17 de xuño de 2011. Visibilizar a música feita por mulleres ao longo da historia. Este é o obxectivo fundamental de En clave de muller, un proxecto educativo musical que nace froito da colaboración entre a Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) e máis o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Ribadeo.
O traballo que veñen realizando nos últimos meses as formacións instrumentais e de danza da EMMeD de Ribadeo culminará este luns, no auditorio municipal Hernán Naval, onde se celebrará un concerto didáctico dirixido a máis de duascentas alumnas e alumnos de diferentes centros educativos da comarca da Mariña (Lourenzá, Foz, Barreiros e Ribadeo) co fin de achegarlles un repertorio con pezas compostas de xeito exclusivo por mulleres. Haberá dúas sesións, unha ás 10 da mañá e outra ás 12 horas.
Coa posta en marcha deste proxecto, a área de Igualdade do Concello de Ribadeo evidencia, unha vez máis, a súa aposta pola transversalidade nas políticas en prol da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes de aí que neste caso sexa salientable a colaboración coa EMMeD de Ribadeo.
A titular de Igualdade, Mari Luz Álvarez Lastra, amosou a súa satisfacción por sacar adiante o proxecto En clave de muller “por estar centrado no ámbito educativo, un eido no que cremos que se deben traballar a fondo tanto a igualdade coma prevención da violencia machista e por contar coa colaboración dunha escola de música e danza pola que pasan moitas nenas e nenos ao longo do curso”. O traballo realizado de cara á preparación deste concerto permitiu ás alumnas e alumnos participantes así como ás profesoras e profesores da EMMeD de Ribadeo adquirir coñecementos sobre o papel da muller na música que agora van transmitir ao alumnado e máis ao profesorado que participe no concerto didáctico deste luns.
Álvarez Lastra incide “na necesidade de que a igualdade se atope presente en todos os ámbitos da sociedade: na empresa, no ensino, nas actividades de ocio, na cultura… Porque este é o único xeito de acadar un Ribadeo igualitario”.
No escenario do auditorio ribadense escoitaranse obras de nomes tan importantes, pero tan descoñecidos para o gran público, do mundo da música como son:
Clara Schumann: foi unha das pianistas máis importantes do século XIX, á altura dos máis virtuosos intérpretes do momento.
Maria Linneman: compositora, concertista e profesora. Conta con máis de 500 obras compostas para guitarra.
Karen Street: un dos nomes máis recoñecidos e respectados no mundo do acordeón no Reino Unido. Este é o seu instrumento principal pero tamén é unha recoñecida saxofonista e compón obras tanto para un instrumento como para o outro.
Lady John Scott : as súas composicións destacan polo seu carácter lírico e pola próximidade rítmica á música popular escocesa
Irene Cara : cantante, compositora e actriz. Primeira muller afro-americana en obter un Óscar na súa categoría dende 1939.
Amy Winehouse: cantante e compositora inglesa. Fenómeno actual da música pop polo seu talento e mais por unha voz que houbo quen chegou a comparar coa de Sarah Vaughn ou Nina Simone.
A variedade de ritmos e de estilos responde a unha filosofía que está no eixe do traballo na EMMeD de Ribadeo: “música para todas e todos, todas as músicas”. O director do centro, Hugo García Presno, recoñece que ata o de agora esta máxima “estaba eivada pois o repertorio de música feita por mulleres non é moi habitual nos centros e ensino, moito menos nas escolas de música”. “Da man do Centro de Información ás Mulleres queremos paliar esta situación, facer que as nosas alumnas e alumnos se acheguen á música feita por mulleres ao longo da historia e que as composicións con sinatura feminina teñan visibilidade nos concertos, de aí que o mellor xeito de facelo sexa un concerto didáctico que aproxima a música ás nenas e nenos máis pequechos”, resaltou García Presno.
Como material complementario do concerto, o CIM de Ribadeo, editou unha guía didáctica que ten vida máis aló do concerto do luns. Esta guía está dirixida ao alumnado de Primaria para traballar tanto nas aulas dos centros de ensino como nas das escolas de música. A guía cómponse de varios apartados. Unha introdución na que se poñen de manifesto as causas da invisibilidade das mulleres na música, as fichas das autoras das obras que van ser interpretadas no concerto didáctico e un repaso a modo de resumo polas diferentes etapas da historia da música, exemplificando con algún nomes femininos; prestando especial atención ás músicas galegas. No cuarto apartado, hai unha serie de exercizos para traballar co alumnado. E por último, inclúese unha breve reseña de recursos onde se poden atopar materiais relacionados co tema, un glosario de termos básicos dirixido ao persoal docente e educadores/as así como a bibliografía utilizada.
En clave de muller, un proxecto do Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo e máis da Escola Municipal de Música e Danza quere incitar á reflexión, ao debate, á investigación e á posta en práctica de iniciativas coeducativas como eixe para lograr unha igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.

























A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.



