Nota de prensa
A Escola de Imaxe e Son abre hoxe o prazo de preinscrición de matrícula que será gratuíta por 4º ano consecutivo
– Este esforzo económico da Fundación TIC tradúcese nunha elevada demanda, xa que os tres últimos anos cubríronse todas as prazas nas dúas modalidades ofertadas
– O prazo rematará o 8 de xullo. O 12 publicarase a listaxe de admitidos para formalizar a matrícula entre o 14-22, na sede do centro educativo en horario de mañá
– Dende o arranque da única escola de Imaxe e Son da provincia, preto de 260 alumnos cursaron os seus estudos nos ciclos de Produción e Realización, dotados con 2.000 horas lectivas e dous cursos académicos
– Regina Polín anuncia que a EIS vén de ser seleccionada polo Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos, a través do cal 20 alumnos poderán completar a súa formación en empresas do sector en Portugal, Italia e Reino Unido
A Deputada de Economía en funcións e Padroa da Fundación TIC, Regina Polín, anunciou este luns que a Escola de Imaxe e Son de Lugo (EIS), dependente da Deputación, abriu hoxe o prazo para formalizar a preinscrición da matrícula para o curso 2011-2012. Un ano máis, a EIS ofrece os ciclos superiores de “Produción” e “Realización de Audiovisuais, Radio e Espectáculos”, dotados con 2.000 horas lectivas e dous cursos académicos cada un. A Escola de Imaxe e Son, o único centro da provincia que imparte ensinanzas da familia audiovisual, ten a matrícula gratuíta por decisión do actual equipo de goberno. Tal e como explicou Regina Polín, este esforzo económico da Fundación TIC –composta pola Escola e unha produtora onde os estudantes fan as prácticas-, tamén se manterá o vindeiro curso. Ata o momento a aposta pola educación gratuíta traduciuse nunha elevada demanda, xa que os tres últimos anos se cubriron todas as prazas e houbo lista de espera.
“A TIC non cobra a matrícula a todos os que queiran cursar estudos por cuarto ano consecutivo, o cal é moi importante para as familias neste momento. É un esforzo que facemos e que dá resposta a un dos obxectivos que nos marcamos ó principio desta etapa”. Asimesmo, a Deputada en funcións tamén recoñeceu que non descarta a posibilidade de cursar algún dos módulos que oferta a EIS.
O prazo para reservar unha praza rematará o 8 de xullo, polo que o día 12 do mesmo mes publicarase a listaxe de admitidos, quenes deberán formalizar a matrícula dende o 14 ó 22 de xullo, na sede do centro educativo, situada na rúa Frei Prácido Rei Lemos, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tanto o impreso como a documentación correspondente, poderase descargar a través do portal web, www.fundaciontic.org.
Ademais da Padroa da TIC, na presentación participaron máis de 40 persoas, entre alumnos e profesores. O encontro rematou coa presentación dunha curtametraxe elaborada polos alumnos de Realización como proxecto de fin de curso. Trátase de “Back to the TIC”, de 28 minutos, no que o protagonista, Martiño McFly, viaxa no tempo ata o ano 2011 para buscar ó seu pai na Escola de imaxe e Son de Lugo. Ten unha misión que cumprir e unha mensaxe que transmitirlle ó seu proxenitor antes de que se titule como Técnico de Realización Audiovisual. Pero esta non será unha misión sinxela, xa que Martiño McFly terá que tratar con famosos personaxes de ficción e verase misturado en escenas clásicas de cine. As rapazas de El Resplandor, Morpheo de The Matrix, Jose Luis Garci ou McGyver entre outros, intentarán axudar a Martiño McFly na súa viaxe de regreso á TIC.
Fondos para realizar prácticas no estranxeiro
A Deputada de Economía en funcións tamén anunciou que a EIS vén de ser seleccionada polo Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos, a través do cal o centro educativo lucense recibiu unha subvención de 58.505 euros ó abeiro do programa Leonardo da Vinci. En total, 20 alumnos poderán beneficiarse desta iniciativa destinada a desenvolver Proxectos de Mobilidade de titulados da Escola de Imaxe e Son de Lugo, de tal xeito que estes poderán realizar estancias transnacionais en empresas ou centros de formación dende xullo a decembro de 2012. Nesta convocatoria os socios de acollida serán centros de Portugal, Italia e Reino Unido onde os titulados realizarán estancias de 12 semanas que incluirán a realización de actividades de formación en idiomas e prácticas formativas da especialidade en diferentes empresas do sector audiovisual.
O Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos está adscrito ó Ministerio de Educación. Ten como misión xestionar a participación española no Programa de Aprendizaxe Permanente (PAP) da Unión Europea. É, por tanto, responsable de desenvolver as accións descentralizadas dos diferentes programas: Comenius para a educación escolar, Erasmus para a superior, Leonardo da Vinci para a Formación Profesional e Grundtvig para a educación de adultos.
O único centro educativo da provincia
A Escola de Imaxe e Son de Lugo ten como eixo fundamental a combinación de formación e práctica en contextos e escenarios reais, o que permite vencellar directamente a formación dos alumnos ás necesidades e esixencias das empresas do sector audiovisual. Deste o inicio da actividade da EIS, no ano 2003, 257 alumnos cursaron os seus estudos de Produción e Realización. En 2009 foi o curso no que, por primeira vez, se cubriron todas as prazas e no que, debido ó aluvión de demandantes, houbo unha ampla lista de espera.
A Fundación TIC, sen ánimo de lucro e dependente da Deputación, incrementou en máis dun 300% os convenios con asociación socioculturais, deportivas e empresas da provincia. O ano pasado a Fundación asinou 44 convenios, nos que participan bolseiros da Escola, co obxectivo de que complementen a súa formación e tomen contacto co mundo laboral. Asimesmo, a TIC mantén relación con máis de 60 empresas nacionais do sector audiovisual.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



