Nota de prensa
ÁS DÚAS DA MADRUGADA QUEDABA SOLVENTADA A AVARÍA QUE SUFRIU NAS ÚLTIMAS HORAS A TUBERÍA XERAL DO SUBMINISTRO DE AUGA A RIBADEO. FERNANDO SUÁREZ RECLÁMALLE Á XUNTA QUE TOME CARTAS NO ASUNTO “PORQUE O DÍA MENOS PENSADO IMOS TER UN PROBLEMA GRAVE DE ABASTECEMENTO”.
Ribadeo, 21 de xuño de 2011. Ás dúas da madrugada quedaba solventada a avaría que sufriu na tarde de onte a tubería xeral do subministro de auga a Ribadeo. O alcalde, Fernando Suárez, reclámalle de novo á Xunta que tome cartas no asunto “porque o día menos pensado imos ter un problema grave de abastecemento”.
O rexedor sinalou que “ésta foi unha máis das roturas da traída xeral da condución de auga a Ribadeo, que como todo o mundo sabe ven desde Vilarbetote, no concello veciño de Trabada, a través dunha tubería de máis de 25 kilómetros que é dos anos 70, é de fibrocemento e está francamente mal. Non é raro que cada pouco tempo eu como alcalde indique que houbo algunha avaría”.
Fernando Suárez dixo que “a fortuna que tivo Ribadeo con todas estas roturas que sufriu esta tubería foi que se localizaron fácilmente e que a reparación foi doada de facer, aínda que neste caso coincidiu coa noite e remataron os traballos sobre as dúas da madrugada de tal maneira que a xente resentíuse pouco, dado que os depósitos asumiron ese corte do subministro sen problema”.
O alcalde de Ribadeo manifestou que “a nosa e a miña preocupación desde hai anos é que o día menos pensado si no verán se rompe a tubería de auga, como Ribadeo non ten unha capacidade suficiente para abastecer a 6.000 abonados durante dous ou tres días, iso sí que daría problemas de abastecemento á poboación”. Suárez Barcia lembrou que “xa cando era tenente de alcalde e sendo rexedor tamén teño reiterado as peticións tanto formais como verbais aos diferentes conselleiros que veu habendo na Xunta para que sintan como propia unha necesidade para parte de Trabada e para Ribadeo que é a substitución desta tubería tan importante que ten unha magnitude económica notable”.
O rexedor considera que “a Xunta non pode facer deixación das súas competencias e da financiación destes grandes proxectos de abastecemento porque estamos falando de 6.000 aboados no inverno. A poboación duplícase no verán e Ribadeo non pode estar recibindo a auga nun 80% a través dunha tubería de uralita que non cumpre cos parámetros actuais de conducións, dado que deben ser doutro tipo de materiais menos agresivos coa saúde, pero ademáis é que está rota porque está moi pasada de anos e o día menos pensado imos ter un problema serio de abastecemento”. Fernando Suárez anunciou que “enviareille un novo requerimento ao conselleiro de Medio Ambiente porque Ribadeo é unha pequena cidade e non pode estar desde hai máis de 35 anos cunha tubería de fibrocemento propia dun concello dalquel entón e non do século XXI”.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



