Nota de prensa:
DÚAS ALUMNAS DO IES PERDOURO DE BURELA PARTICIPARON NO XURADO DO PREMIO SPINOZA DE ENSAIO
No Instituto Rosalía de Castro de Santiago reuniuse ás 12 da mañá do día 20 de xuño o xurado do Premio B. Spinoza de Ensaio na súa segunda edición. Entre os integrantes da comisión de selección figuraban dúas alumnas do IEs Perdouro de Burela: Rocío Eijo, de Cangas; e Alba Rodríguez, de Vilanova de Lourenzá. O resto dos compoñentes eran tamén alumnos e alumnas dos institutos Xulián Magariños, de Negreira; IES Allariz, IES do Castro, de Vigo; e IES Rosalía de Castro, de Santiago.
Os estudantes leron durante este curso académico un total de cinco ensaios: Viaxe extraordinaria ao centro do cerebro, de Jean Didier Vincent; As novelas da memoria, de John Thompson; Redes Complexas, de Ricard Solé; Romanticismo, de Rüdiger Safranski; e As experiencias do desexo, de Jesús Ferrero. A obra que resultou gañadora foi a Viaxe extraordinaria ao centro do cerebro, de Jean Didier Vincent.
O Premio Spinoza
Complemento do xa clásico Premio de narrativa “Arcebispo Juan de San Clemente” , o galardón de Ensaio dedicado a B. Spinoza pretende converter o alumnado de Bacharelato en protagonista, xa que o xurado destes certames está formado por mozas e mozos do segundo curso de Bacharelato do Instituto “Rosalía de Castro” de Santiago e de catro Institutos máis de Galicia, elexidos por sorteo.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



